Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.626

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (297/1997-3).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de menor contía que se segue neste xulgado co número 00297/1997-3, se dictou a sentencia, co encabezado e parte dispositiva do teor literal seguinte:

Sentencia: en Santiago de Compostela o catorce de abril de mil novecentos noventa e oito, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 5 dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de declarativo menor contía seguido neste xulgado co nº 00297/1997-3, no que actuaron como demandante Trinidad Baloiras Fuentes, maior de idade e veciña de Vilagarcía de Arousa, representada polo procurador dos tribunais Victorino Regueiro Muñoz e asistida polo letrado Sáncez-Brunete Varela, e como demadados Manuel Freire Tomé e Outro, Sociedade Civil e Manuel Freire Tomé, resultando que este último falecera; dirixiuse a demanda contra a herdanza xacente e herdeiros descoñecidos de Manuel Freire Tomé, encontrándose a empresa en ignorado paradoiro e a herdanza xacente, con domicilio en Santiago de Compostela para efectos de notificacións, declarados en rebeldía nas actuacións sobre reclamación de cantidade.

Decido que estimando a demanda presentada, debo condenar e condeno solidariamente a Manuel Freire Tomé e Outro, S.C. e os herdeiros ou comunidade hereditaria de Manuel Freire Tomé a que lle paguen á demandante a suma de 1.700.000 ptas., máis os xuros da dita suma desde o 1-10-1997 ó tipo do xuro legal do diñeiro incrementado en dous puntos, con imposición das custas ós demandados.

Contra esta resolución pode interporse recurso de apelación perante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado.

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados rebeldes Manuel Freire Tomé e Outro, S.C., expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o vintecatro de abril de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

4181