Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Venres, 22 de maio de 1998 Páx. 5.627

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (109/1997).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas nº 109/1997, que se segue por ameazas, cítase a José Manuel e María Carmen Casal Aldonza para que o próximo día vintenove de maio ás 9.45 horas comparezan ante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistiren á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciantes, baixo apercibimento de que, se non o verifican nin alegan xusta causa para non o faceren, poderán ser multados conforme a lei e recaerán sobre eles os prexuízos correspondentes en dereito; se son parte, podes ser asistidos por avogado e deben acudir ó xuízo coas probas de que se tenten valer. E para que así conste e sirva de citación en forma a José Manuel e Mª Carmen Casal Aldonza, en paradoiro descoñecido, expido esta cédula en Santiago de Compostela o 30 de abril de 1998.

A secretaria

Rubricado

3863