Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 21 de maio de 1998 Páx. 5.598

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO VINTECINCO DE MADRID

EDICTO (D-19/1998).

Eu, Mª Josefa González Huergo, secretaria do Social número vintecinco dos de Madrid e a súa provincia, fago saber que nas presentes actuacións que se seguen neste xulgado por instancia de Lucía García Olivares contra Servicios Integrados Raser, S.L., en reclamación por procedemento ordinario, rexistrado co nº D-19/1998 se dictou sentencia coa decisión do teor que consta na copia simple que se xunta.

E para que sirva de notificación a Servicios Integrados Raser, S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, así como para a súa colocación

no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido e asino o presente edicto.

Madrid, dezaseis de abril de mil novecentos novente e oito.

O secretario xudicial

Rubricado

En Madrid o dezaseis de abril de mil novecentos noventa e oito.

Eu, José Luis Asenjo Pinilla, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número vintecinco de Madrid e a súa provincia, tras ve-los presentes autos seguidos sobre procedemento ordinario, entre partes, dunha e como demandante Lucía García Olivares, que comparece asistida lo letrado José Luis Fernández Chillón, e da outra e como demandado Servicios Integrados Raser, S.L., pronunciou a seguinte sentencia:

Antecedentes de feito:

1º O día 13 de xaneiro de 1998 a actora formulou reclamación de cantidade contra a demandada. Admitida a trámite sinalouse o día 16 de abril de 1998 para a celebración a xuízo.

2º No dito día celebrouse xuízo co resultado que se reflicte na acta.

3º Na tramitación deste xuízo observáronse tódalas prescricións legais.

Feitos probados:

1º A actora comezou a prestar servicios na empresa Limpiezas y Servicios Salamanca, S.A. o 1 de abril de 1994, facéndoo posteriormente e con carácter ininterrompido para Selva Limpiezas y Servicios, S.L., e con posterioridade para a hoxe denunciada, sendo a súa categoría profesional a de limpadora.

Ultimamente o seu salario mensual era de 66.000 ptas., con inclusión do rateo de pagas extraordinarias.

2º Reclama os conceptos e cantidades que concreta e desagrega no feito segundo da súa demanda, o cal se dá por reproducido para estes únicos efectos, aínda que no acto do xuízo desistiu do pedido respecto ó mes de novembro de 1997.

3º A extinción do seu contrato de traballo produciuse o 31 de decembro de 1997.

4º A empresa dedícase á actividade de limpeza de edificios e locais. Por resolución da Dirección Xeral de Traballo e Emprego, da Consellería de Economía e Emprego, desta comunidade, do 5 de xullo de 1996, e 3 de decembro de 1997, acordouse o rexistro, depósito e publicación do convenio colectivo do sector e a súa revisión salarial para os anos 1996 e 1997 e que, ó obrar unido a autos se dá por reproducido.

5º Celebrouse acto de conciliación o 12 de xaneiro de 1998, ante o SMAC, co resultado de intentado e sen efecto.

6º Intentada a citación da empresa por carta certificada, esta foi devolta polo servicio de correos efectuándose tamén dilixencia negativa, polo que se procedeu a publica-lo correspondente edicto no BOCM e no Diario Oficial de Galicia.

Fundamentos de dereito.

1º Acreditada a relación laboral pola proba achegada en autos, e ante a incomparecencia a xuízo da empresa denunciada, pese a ser citada en forma, e por iso a chamamento a confesión xudicial nel procede tela por confesa, respecto os feitos da denuncia, de conformidade co disposto no nº 2, do artigo 91, do Real decreto lexislativo 2/1995, do 7 de abril, polo que se aproba o texto refundido da LPL.

2º Partindo do sinalado no anterior fundamento de dereito, debe estimarse en canto ó principal a pretensión da actora, todo iso de acordo co prevido no artigo xa citado, así como o 4, nº 2, letra f), 26 e 29 do TRET, postos en relación co artigo 1214, do Código civil.

Non pode asumirse, por contra, que a cantidade obxecto de condena se incremente nun 10% anual de xuro por mora no pagamento do salario, á vista de que a suma inicialmente solicitada defire substancialmente da aceptada.

3º No sexto feito declarado probado constatarase que a empresa pechou as súas instalacións, polo que de conformidade co Art. 23.2º, do TRLPL se procedeu a cita-lo FGS, mediante providencia do 26 de febreiro de 1998.

Aínda que o criterio deste xulgador era favorable a aplica-lo artigo 274.4º, do citado TRLPL, en supostos similares, terá que se modificar parcialmente este, dadas as sentencias dictadas pola Sala do Social do TSJ de Madrid o respecto. Así, as referidas non estiman viable a condena líquida a cantidade ningunha aínda que sexa con carácter subsidiario, e logo de resolución xudicial na que se declare a insolvencia provisional da empresa afectada.

Con todo, as ditas resolucións tamén precisan a necesaria mención que se debe facer a este organismo na parte dispositiva da sentencia, e que textualmente é: «... a responsabilidade subsidiaria que o Fondo de Garantía Salarial no seu día puidese corresponder...».

Vistos os preceptos citados, e demais de xeral aplicación, decido que, estimando a demanda formulada por Lucía García Olivares, debo condena-la empresa Servicios Integrales Raser, S.L. a que lle aboe a cantidade de 51.990 ptas.; todo isto sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que se é o caso lle correspondese ó Fondo de Garantía Salarial.

Notifícaselles esta sentencia ás partes advertindo que é firme e que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación.-Lida e publicada foi a anterior sentencia no día da súa data, polo maxistrado-xuíz José Luis Asenjo Pinilla que a subscribe, na sala de audiencias deste xulgado. Dou fe.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

3861