Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 21 de maio de 1998 Páx. 5.597

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (178/1997).

Eu, María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela,

Dou fe: de que no xuízo executivo que se segue neste xulgado co número 00178/1997, se dictou sentencia, cun encabezado e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela, o 26 de xaneiro de 1998, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil executivo seguido neste xulgado co número 00178/1997, no que actuaron como denunciante Automóviles M. Núñez, S.A., representado polo procurador dos tribunais Antonio Cuns Núñez e asistido polo letrado J.M. Novo Rodríguez, e como denunciado, Empresas Técnicas Gallegas, S.A.

Decido que mando seguir adiante a execución despachada contra os bens do denunciado ata facer remate dos bens embargados, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á entidade denunciante da cantidade de 7.511.864 ptas. de principal, xuros moratorios ó tipo de xuros legais do diñeiro incrementado en dous puntos desde o vencemento dos cheques, custas e gastos, calculándose sen prexuízo da ulterior liquidación para xuros, custas e gastos a suma de 1.000.000 de ptas. Contra esta resolución poderá interporse recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e lle sirva de notificación ó demandando rebelde Empresas Técnicas Gallegas, S.A., expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o tres de febreiro de mil novecentos noventa e oito.

A secretaria

Rubricado

3768