Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 21 de maio de 1998 Páx. 5.597

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (201/1998).

Eu, Dámaso Brañas Santa María, maxistrado-zuíz de Primeira Instancia número un da Coruña, fago público que neste xulgado co nº 201/1998-R se tramita, por instancia da Xunta de Galicia, expediente de declaración de herdeiros ab intestato de Cándida Bentureira Cambón, filla de José e Ramona, nacida o 14 de agosto de 1915 en Laracha (A Coruña) e morta o dez de xaneiro de 1998 no Hospital Juan Canalejo da Coruña, sen ter outorgado testamento, e por non coñecer herdeiros dela, chámase as persoas que se crean con dereito á herdanza dela, para que no termo de trinta días comparezan no expediente alegando o que ós seus dereitos lles conveña, baixo apercibimento de que se non o verifican recaerá sobre elas o prexuízo a que haxa lugar en dereito.

Dado na Coruña o vintetrés de marzo de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

3823