Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 21 de maio de 1998 Páx. 5.597

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, convocados por Orde do 19 de marzo de 1997, en expectativa de ingreso, na Comunidade Autónoma de Galicia.

A Resolución do 12 de maio de 1998 regula a composición das comisións avaliadoras da fase de prácticas establecida na Orde do 19 de marzo de 1997, pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional.

Na súa virtude, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.- Facer pública a composición das comisións cualificadoras da fase de prácticas dos procedementos selectivos para ingreso no corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, convocados por Orde do 19 de marzo de 1997 (DOG do 3 de abril), conforme se recolle no anexo desta resolución.

Actuará como secretario o funcionario que designe a Dirección Xeral de Persoal entre os que exerzan as súas funcións na dita dirección xeral.

Segundo.- Os membros das comisións cualificadoras terán dereito a percibir axudas de custos e gastos de locomoción no caso de teren que desprazarse da súa residencia habitual. Para estes efectos quedan autorizados a utilizar calquera dos medios de locomoción previstos no Decreto 299/1990, do 24 de marzo (DOG do 1 de xuño) e conforme as clasificacións que recolle, estas comisións consideraranse incluídas na categoría primeira ou segunda segundo corresponda.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 1998

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

ANEXO

-Corpo de profesores de ensino secundario.

Área: letras.

Presidenta: Otero Vázquez, Mª Concepción.

Vocais: Álvarez Lebredo, Carlos.

Garbayo Montabes, Francisco Javier.

Prado Fernández, Margarita.

Prevot Badoval, Ana.

Área: ciencias.

Presidente: Porral Mato, Rodrigo.

Vocais: Boo Feijoo, José Manuel.

Corral Gómez, Carmen del.

Porta Martínez, Pablo.

Torrijos Redondo, Mª Cruz.

Área: formación profesional específica.

Presidente: Reboredo Lavín, Manuel.

Vocais: García Lasanta, M. Dolores.

García Seco, José.

Mejuto Quintela, Manuel E.

Quiroga Fernández, M. Isabel.

-Corpo de profesores técnicos de formación profesional:

Presidentes: Cela Castro, Manuel.

Vocais: Filgueira Esperante, Francisco.

Leis Blanco, José M.

Rozas Fandiño, Miguel A.

Sánchez Verdeal, Jorge.

3903