Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 21 de maio de 1998 Páx. 5.593

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 23 de abril de 1998 pola que se convocan bolsas de colaboración para a elaboración do censo-guía de arquivos e para a organización e descrición de arquivos de interese galego.

Advertido erro na devandita orde, publicada no DOG nº 89, do martes, 12 de maio de 1998, cómpre efectua-la oportuna corrección:

- Na páxina 5.106, na provincia de Ourense, onde di: «Arquivo Municipal do Irixo: 1 bolsa», debe dicir: «Arquivo municipal do Irixo: 1 bolsa.

Esta bolsa ten prevista unha duración de 3 meses. Ó finaliza-la organización deste arquivo o bolseiro pasará ó arquivo municipal de Ribadavia.».

4533