Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Xoves, 21 de maio de 1998 Páx. 5.593

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

RESOLUCIÓN do 30 de abril de 1998 pola que se inscribe o Museo Comarcal da Fonsagrada no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago.

Examinada a solicitude de inscrición no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago, presentada polo Museo Comarcal da Fonsagrada con data do 27 de abril de 1998.

Visto o Decreto 224/1997, do 2 de xuño, polo que se crea o referido rexistro.

Visto igualmente o informe da Xerencia de Promoción do Camiño de Santiago, emitido de acordo co artigo 3.

Considerando que a solicitude presentada cumpre as normas establecidas no decreto de referencia,

RESOLVO:

Que o Museo Comarcal da Fonsagrada quede inscrito no Rexistro de Entidades de Promoción do Camiño de Santiago co número 085.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 1998.

Andrés González Murga

Secretario xeral da Consellería de Cultura,

Comunicación Social e Turismo

4679