Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de poxa aberta para a adxudicación da campaña de publicidade das festas do Cristo da Victoria do ano 1998.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura, Patrimonio e Contratación. Nº expediente: 5576/331.

2. Obxecto do contrato: descrición: campaña de publicidade das festas do Cristo da Victoria do ano 1998.

Lotes: no.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo do contrato: os traballos deberán estar rematados antes do 14 de xullo de 1998, cumprindo os prazos parciais de entrega que se indican no prego de condicións técnicas.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: 8.200.000 ptas.

5. Garantías: provisional: 164.000 ptas.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48. Fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas no artigo 16 e 19 da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: data límite: 13 días naturais seguintes á publicación do anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 11 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mantela oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n 36202, Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 11.3 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 11 de maio de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

4618