Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.580

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para o abastecemento dun compactador de pneumáticos para o servicio de vías e obras desta deputación.

De conformidade co que acordou a Comisión de Goberno, na sesión do día da data, convócase concurso para o abastecemento dun compactador de pneumáticos para o Servicio de Vías e Obras desta deputación, con peso mínimo sen lastrar: 7,50 Tm. Transmisión: hidrostática ou con convertedor de par. Potencia mínima: 70 Kw. Largura mínima de compactación: 1,70 m. Cabina con protección antivolta, calefacción e con ventilación. Freos de dobre circuíto. Extintor. Pintado en color amarela e co anagrama da deputación. Valorarase o servicio de asistencia técnica. Período de garantía mínima de 1 ano. Prazo de entrega máximo de 45 días. Prezo máximo, con IVE e demais impostos incluídos: 12.000.000 de ptas. O adxudicatario farase cargo dunha apisoadora marca Tiktin, debendo aboarlle á deputación o importe que oferte na plica que presente.

As ofertas e documentación presentaranse ata as 12 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do anuncio e bases no BOP de Ourense e no Diario Oficial de Galicia, computándose a partir da última publicación, e a apertura de plicas realizarase no pazo provincial, ás 12 horas do día hábil seguinte, agás sábados.

Don/a..., con domicilio en..., DNI núm..., en nome propio (ou na representación de..., segundo acredita con...), informado/a do expediente e condicións para contrata-lo abastecemento que se indica da Deputación de Ourense, anunciado no... nº..., de data..., comprométese ás prestacións que se expresan, polos prezos que se sinalan: Concepto: compactador pneumáticos..., tipo de licitación... pesetas, baixa que se ofrece ou prezo ofertado... Prezo que oferta pola apisoadora Tiktin... Lugar, data e sinatura.

Ourense, 8 de maio de 1998.

O presidente

Rubricado