Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.579

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de contratación por poxa aberta das obras dos proxectos de mellora de pavimento en diversas rúas e camiños de Vigo (6 proxectos).

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Infraestructuras e Obras, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 11217/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: execución das obras dos proxectos de mellora de pavimento en diversas rúas e camiños de Vigo.

Lotes: lote 1: proxecto de mellora do pavimento do camiño de Romeu-Coruxo cun importe de 5.374.880 ptas. e un prazo de execución de tres meses.

-Lote 2: proxecto de mellora do pavimento das rúas Burgos, Estremadura e Asturias (de Numancia a Estremedura) cun importe de 6.244.234 ptas. e un prazo de execución de catro meses.

-Lote 3: proxecto de mellora do pavimento da rúa Toledo 2ª e 3ª travesía (Benito Castro Nogueira e Tomás Delmiro Martínez Silva) cun importe de 11.558.394 ptas. e un prazo de execución de oito meses.

-Lote 4: proxecto de mellora do pavimento do camiño de Molares Cabral cun importe de 8.498.412 ptas. e un prazo de execución de seis meses.

-Lote 5: proxecto de mellora do pavimento do camiño de Xeme (Bembrive) cun importe de 5.344.965 ptas. e un prazo de execución de tres meses.

-Lote 6: proxecto de mellora do pavimento do camiño do Cacheno (Bembrive) cun importe de 5.634.310 ptas. e un prazo de execución de tres meses.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de execución: para cada lote é o que figura nas descricións dos lotes neste anuncio xunto co nome do proxecto.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: o tipo de licitación para cada un dos lotes é a cantidade que figura no punto 2 deste anuncio xunto co nome do proxecto.

5. Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación do lote ó que presente oferta.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, plaza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48. Fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica na forma prevista nos artigos 16º e 17º da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 8 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 11 de maio de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

4635