Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto e por lotes para a contratación da asistencia técnica para a redacción de proxectos de diversas instalacións no Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

1. Entidade adxudicante: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Cultura, Patrimonio e Contratación. Nº expediente 11158/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: asistencia técnica para a redacción de proxectos e instalacións no Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

Lotes: lote 1: redacción do proxecto de seguridade integral do Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

Lote 2: redacción do proxecto de instalacións de climatización, calefacción, ventilación, electricidade, fontanería, saneamento e especiais que se van instalar no edificio do Museo de Arte Contemporánea de Vigo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo do contrato: máximo 90 días.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento base: lote 1: 4.500.000 ptas.

Lote 2: 8.000.000 de ptas.

5. Garantías: provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo do contrato.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo, teléfono (986) 81 01 48. Fax: (986) 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas no artigo 16º e 19º da Lei 13/1995.

8. Presentación de ofertas: data límite: 13 días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP de Pontevedra e no Diario Oficial de Galicia.

Documentación: a esixida na cláusula 9 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo de obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: Secretaría Xeral do Concello de Vigo, praza do Rei, s/n, 36202 Vigo.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte á data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase ó recollido na cláusula 9.4 do prego de condicións.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 11 de maio de 1998.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

4634