Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.578

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE POIO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, en sesión realizada o día 7 de abril de 1998, acordou o seguinte:

1) Aprobar inicialmente o plan xeral de ordenación municipal, redactado polo equipo AD. Plan, Arquitectura, Diseño y Planeamento, S.L., incluíndo a suxestión do enxeñeiro municipal a de incorporar como equipamento de servicios a zona determinada no plano que se uniu ó dictame da Comisión de Urbanismo do 1 de abril de 1998, en Chancelas, incluíndo nesta aprobación inicial 18 convenios que figuran no tomo IV anexos, quedando condicionado o convenio nº 11 a que con respecto ó contido da sua cláusula VII, se proceda á realización dun estudio polos técnicos municipais sobre a execución do vial que incorpora, para proceder a un reparto máis equitativo do custo de execución entre a propiedade e o concello.

2) Acorda-la suspensión de licencias, de parcelamento de terreos, edificación e demolición, en todo o termo municipal, durante o prazo de un ano, computado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia; facéndose constar que, de conformidade co artigo 1201 do Regulamento de planeamento de 1978, poderán concederse licencias baseadas no réxime vixente, sempre que se respecten as determinacións no novo plan xeral.

3) Somete-lo plan xeral á información pública, durante o prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no taboleiro de edictos da Casa do Concello, nun periódico dos de máis circulación provincial, no BOP e no Diario Oficial de Galicia, computándose o prazo desde a publicación do anuncio correspondente neste último diario, podendo, en consecuencia, durante ese prazo calquera interesado, examina-lo plan e formular, no mesmo prazo, as alegacións que considere convenientes.

4) Dar audiencia, durante o mesmo prazo dun mes, a tódolos municipios limítrofes, para que poidan alega-lo procedente.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Poio, 13 de abril de 1998.

Luciano Sobral Fernández

Alcalde

4633