Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.577

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO de concurso.

Anúnciase a convocatoria de concurso para a concesión do uso privativo dun local sito no edificio da piscina municipal e con destino a cafetería.

1. Obxecto do concurso. É obxecto do concurso a concesión do uso privativo dun local de 66,33 m útiles, sito no edificio da pisicina municipal de Lieiro (Cervo) con destino a cafetería. Tamén poderá ser obxecto de concesión a terraza vinculada ó uso de cafetería cunha superficie de 163,94 m, segundo a solución técnica que se propoña.

2. Canón de concesión. Este canón de concesión será de 50.000 ptas/mes, mellorable á alza. O canón poderá incrementarse na porcentaxe en que o faga o índice de prezos ó consumo.

3. Capacidade para concorrer. Poderán concorrer no concurso tódalas persoas físicas ou xurídicas que teñan plena capacidade de obrar e non se atopen en ningunha das causas de incapacidade sinaladas

no artigo 20 da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas.

4. O prazo de presentación de proposicións será de trece días naturais, contados a partir da publicación do anuncio de convocatoria no BOP.

5. O prego e outra información obterase na secretaría municipal.

6. O custo deste anuncio e gastos de tramitación serán pola conta do adxudicatario.

Cervo, 20 de abril de 1998.

Roberto Álvarez Fernández

Alcalde

3859