Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.573

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público e polo trámite de urxencia, para a subministración de 28,5 millóns de unidades de semente de ameixa fina (Tapes decusatta) en 3 lotes de 9,5 millóns de unidades/lote.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: adquisición de semente de ameixa fina (Tapes decusatta).

b) Nº de unidades a entregar: 28,5 millóns de unidades, segundo o estipulado no prego de prescricións técnicas.

c) División por lotes:

-Lote nº 1:

Nº de unidades semente: 9.500.000.

Importe lote: 11.400.000 ptas.

-Lote nº 2:

Nº de unidades semente: 9.500.000.

Importe lote: 11.400.000 ptas.

-Lote nº 3:

Nº de unidades semente: 9.500.000.

Importe lote: 11.400.000 ptas.

d) Adxudicación por lotes: ningún adxudicatario poderá selo de máis de dous lotes.

e) Lugar de entrega: centros de Ribadeo, de Couso e de Corón da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou calquera outro lugar de establecemento da costa galega que designe a consellería.

f) Prazo de entrega: entre os 15 días seguintes á sinatura do contrato e o 30 de setembro de 1998, podendo ampliarse en función da evolución do proceso productivo, logo de informe favorable dos técnicos da consellería.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: trámite de urxencia.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: concurso.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total:34.200.000 pesetas.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5, 2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15703.

d) Teléfono: (981) 54 40 44.

e) Telefax: (981) 54 50 25.

f) Data límite para a obtención de documentos e información: aquela na que finalice o prazo de presentación de proposicións.

6. Requisitos específicos do contratista:

Os establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Presentación de ofertas:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de ofertas rematará ás catorce horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, edificio administrativo San Caetano, 5, 2º, Santiago de Com postela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses desde a apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo de San Caetano, 5, 2º

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó do peche do prazo de presentación de proposicións. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

9. Gastos de anuncios:

Serán satisfeitos por rateo entre os adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1998.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

4641