Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.572

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se notifica o expediente sancionador S-17/1997.

De conformidade co disposto nos artigos 59.4º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27), faise

pública a resolución do expediente sancionador que se indica, que se segue nesta Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais contra a infractora que no anexo se sinala, xa que, intentándose a súa notificación no último domicilio coñecido, esta non se puido practicar.

O correspondente expediente figura á disposición da interesada para coñecemento íntegro e constancia do mencionado acto nas dependencias da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Lugo, co enderezo na rúa Montevideo, 9.

Esta resolución leva emparellada unha sanción de cincuenta mil pesetas (50.000 ptas.) á infractora que no anexo se sinala, que disporá dun prazo de quince días para efectua-lo pagamento, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución. De non efectuarse o pagamento dentro do dito prazo, procederase, sen máis trámite, á súa exacción por vía de constrinximento.

O pagamento efectuarase mediante transferencia bancaria á Xunta de Galicia, conta restrinxida da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais: recadacións de multas e sancións, co número de conta 0182-5947-01-14017-9 da sucursal institucional de Banco Bilbao-Vizcaya, co enderezo en Santiago de Compostela.

ANEXO

Expediente: S-17/97.

Interesada: Felicitas Sánchez Poblador.

Enderezo coñecido: r/ Profesor Otero Pedrayo, 38-6ºA, 27003 - Lugo.

Feitos imputados: servicios hix. non separados, sen xabón líquido, cepillo de uñas e auga quente, os recipientes de lixo non herméticos nin separados; non ten almacén materias primas, superficies sucias e en mal estado; non ten almacén de útiles de limpeza, maquinaria e utensilios en mal estado, productos a temperatura desaxeitada, instalacións deterioradas e sucias.

Preceptos infrinxidos.

-Art. 35 Lei 14/1986, do 25 de abril.

-Art. 2 R.d. 1945/1983, do 22 de xuño.

-Art. 1 Decreto 157/1985, do 11 de xullo da Xunta de Galicia.

-Título segundo do R.D. 2419/1978, do 19 de maio.

-Capítulos I e II do R.D. 2207/1995, do 28 de decembro.

Sanción imposta: 50.000 ptas.

Recurso procedente: recurso ordinario ante o conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais no prazo dun mes, contado dende a publicación desta resolución.

Lugo, 22 de abril de 1998.

Luís Abades Álvarez

Delegado provincial de Lugo

4638