Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.574

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto e trámite de urxencia, das obras para a instalación de dous ascensores: un no I.P.M.P. de Vigo e outro na E.O.N.P. de Ferrol.

1. Entidad adxudicadora: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación, San Caetano 5-2º. Santiago de Compostela.

2. Obxecto: contratación das obras para a instalación de dous ascensores: un no Instituto Politécnico Marítimo-Pesqueiro de Vigo e outro na Escola Oficial Náutico-Pesqueira de Ferrol para mellora-la accesibilidade de persoas con mobilidade reducida.

3. Orzamento de licitación: vintecatro millóns cento dezasete mil cento noventa e dúas pesetas (24.117.192 ptas.), impostos incluídos.

4. Prazo de execución: dous meses.

5. Documentos de interese: o proxecto e mailos pregos de cláusulas administrativas particulares que rexerán neste concurso estarán á disposición dos licitadores na seguinte dirección:

R/ Xeneral Pardiñas, 2. Santiago de Compostela (A Coruña).

Teléfono: (981) 58 89 38.

6. Prazo e presentación de propostas: as proposicións presentaranse no rexistro da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela ou nos rexistros das delegacións territoriais desta consellería. O prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo terceiro día natural seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Se o dito día coincidise en sábado ou festivo o prazo rematará ás 14 horas do primeiro día hábil seguinte.

No caso de utilizar calquera dos medios previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, remitirase un telegrama á Dirección Xeral de Formación Pesqueira e Investigación no que se lle comunique a presentación da oferta.

7. Apertura de proposicións: será pública e faraa a mesa de contratación nas oficinas centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Santiago de Compostela, ás 10.30 horas do quinto día natural contado a partir do seguinte ó de remate do prazo de presentación de propostas. Se ese día coincidise en sábado ou festivo, a mesa reunirase o primeiro día hábil seguinte á mesma hora.

8. Garantía provisional: 482.344 ptas.

9. Garantía definitiva: 964.688 ptas.

10. Forma de tramitación: urxente.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1998.

Joaquín Mariño Cadarso

Director xeral de Formación Pesqueira

e Investigación

3958