Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/110-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: R.B.T. Abanqueiro.

Situación: Boiro.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de baixa tensión, a 380-220 V, sobre apoios de formigón (11) e conductor R.Z., de 980 m de lonxitude, con orixe no C.T. Abanqueiro e conectada á rede existente. Rede subterránea de baixa tensión, a 380-220 V, baixo tubo e con conductor R.V. 0,6/1 V de 4(1 a 240) mm Al, de 230 m de lonxitude, con orixe no C.T. Exipto e conectada a rede existente, Boiro.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3659