Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.570

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 97/252-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado 1 o proxecto de L.M.T., C.T., R.B.T. Sueiro (expediente 172/1995).

Situación: Culleredo.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV de 0,72 km con orixe no apoio nº 20 da L.M.T. Sigras-Celas Peiro e final no C.T. Sueiro, en conductor LA-56/54,6 mm. C.T. intemperie de 100 kVA 15.000/380-220 voltios en Sueiro. R.B.T. aérea de 1,450 km con orixe no C.T. Sueiro, en conductor R.Z.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

A Coruña, 15 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

3661