Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.571

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 15 de abril de 1998, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/79-1).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.

Denominación: modificado I ó proxecto da L.M.T., C.T. e R.B.T. Forcadas-Serra.

Situación: Ortigueira.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión, a 20 kV sobre apoios metálicos (3) e de formigón (6) e con conductor LA-56, de 1.404 m de lonxitude, con orixe na liña Couce das Taugas-Fiera e final no C.T. Serra, a instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Serra, Ortigueira.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 15 de abril de 1998.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

4655