Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 98/68-4).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. Volta do Couto.

Situación: Cotobade.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 210 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o apoio 55 da L.M.T. MUR 8.11 remantando no C.T. que se proxecta en Volta do Couto, concello de Cotobade. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380-220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 30 de marzo de 1998.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

3627