Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pereiro-Maceiras.
Situación: Dozón.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 24 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a liña L.A.L 8.02 na súa derivación ó C.T. Puxallos, remantando no C.T. que se proxecta en Pereiro-Maceiras, concello de Dozón. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 40 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z..
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 30 de marzo de 1998.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra
3626