Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.564

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (180/1996).

Eu, Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, dou fe e certifico:

Que neste xulgado do meu cargo e baixo o nº 180/1996 se segue xuízo de faltas sobre negativa de acceso a vivenda no cal se dictou sentencia que contén o seguinte encabezamento e resolución:

Sentencia. En Santiago de Compostela o 21 de xaneiro de mil novecentos noventa e oito.

Vistos por Rosa del Carmen Collazo Lugo, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos do partido, os presentes autos de xuízo de faltas nº 180/1996, seguidos por coaccións, sendo parte denunciante Begoña Villa Sieira e Ver_PDF, maior de idade, coa defensa letrada de D.; aparecendo como parte denunciada Cipriano Villa Pérez, maior de idade; o Ministerio Fiscal non se mostrou parte.

Decido que debo absolver e absolvo a Cipriano Villa Pérez da falta inicialmente imputada sin que proceda facer declaración sobre a responsabilidade civil e declarando as custas de oficio.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación que se interporá no prazo de cinco días desde a súa notificación, ante este xulgado peraante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

O inserido anteriormente concorda ben e fielmente co seu orixinal transcrito, ó que me remito, e para que conste, para os efectos que procedan e para que sirva de notificación en forma ó denunciado en ignorado paradoiro, Cipriano Villa Pérez, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o vinteún de abril de mil novecentos noventa e oito.

O secretario

Rubricado

3822