Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Mércores, 20 de maio de 1998 Páx. 5.564

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (249/1997).

Nos autos de referencia dictouse a seguinte resolución:

O precedente escrito, presentado polo procurador Cuns Núñez, únase entregando copia á parte contraria. Como se pide, procédase á execución da sentencia dictada polos trámites da vía de constrinximento.

Efectúese, sen previo requirimento do pagamento, o embargo de bens do denunciado José María Rodríguez Blanco en cantidade suficiente para cubri-la suma de 351.260 ptas. de principal máis outras 185.070 ptas. calculadas para rendas e gastos pendentes de liquidación e custas.

Déase traslado por termo de seis días ó denunciado da reclamación da demandante polo importe de 85.070 ptas. correspondentes a rendas e gastos devengados para que conteste.

Notifíqueselle ó demandado en ignorado paradoiro por medio do DOG e líbrense os oficios interesados.

Contra esta resolución cabe recurso de reposición no prazo de tres días que se interporá por escrito ante este xulgado.

E para que sirva de notificación e requirimento ó demandado José María Rodríguez Blanco, expídese o presente edicto en Santiago de Compostela o dezasete de febreiro de mil novencentos noventa e oito.

O/A secretario/a

Rubricado

4166