Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.515

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA DE AFORROS DE GALICIA

ASEMBLEA xeral.

O Consello de Administración de Caixa de Aforros de Galicia acordou convoca-los conselleiros xerais á asemblea xeral que se celebrará no salón de actos da entidade, sito na cidade da Coruña, Ronda de Nelle, 31, ás 11.30 horas do día 6 de xuño de 1998 en primeira convocatoria, ou, no mesmo lugar, media

hora despois, en segunda, conforme a seguinte orde do día:

1. Constitución da asemblea xeral.

2. Informe do presidente.

3. Informe da dirección xeral.

4. Informe da comisión de control.

5. Exame e aprobación, se é o caso, das contas anuais (balance, conta de perdas e ganancias e memoria) e informe de xestión, tanto da Caixa de Aforros de Galicia como do seu grupo consolidado, e da proposta de aplicación do resultado de Caixa de Aforros de Galicia, todo isto correspondente ó exercicio económico de 1997, así como da xestión do seu consello de administración, no mesmo período.

6. Exame e aprobación, se é o caso, da memoria e liquidación dos orzamentos da obra social do exercicio de 1997.

7. Exame e aprobación, se é o caso, de obra social nova e dos orzamentos da obra social para o exercicio de 1998.

8. Nomeamento de auditores de contas.

9. Elección de vocais, titulares e suplentes, do consello de administración e da comisión de control.

10. Delegación de facultades para a formalización, execución e inscrición dos acordos adoptados e para efectua-lo preceptivo depósito das contas anuais no Rexistro Mercantil.

11. Nomeamento de interventores para a aprobación da acta da asemblea.

12. Clausura do acto polo presidente.

Quince días antes da asemblea, quedará depositada na sede central da caixa e ó dispor dos conselleiros xerais a documentación relativa ós puntos que figuran na orde do día.

Para as eleccións previstas no punto 9, durante o prazo de dez días naturais, contados desde o día 20 de maio inclusive, poderán elevarse candidaturas na forma disposta nos artigos 22 e 30 dos estatutos e 25 do Regulamento do procedemento electoral.

As candidaturas deberán conter en todo caso a explícita declaración dos candidatos de cumpri-los requisitos de elixibilidade e de non se acharen incursos en causa de incompatibilidade nin prohibición para o exercicio do cargo, que serán formuladas por escrito na sede central da entidade, que expedirá recibo delas.

Para que os conselleiros xerais exerzan o dereito de presentación que lles recoñecen os estatutos, a súa sinatura deberá ser lexitimada por testemuño notarial ou do director dalgunha das oficinas da caixa.

Será rexeitada de plano toda candidatura que incumpra calquera dos requisitos anteriores.

Con catro días de antelación á data fixada para a reunión da asemblea xeral quedará exposta a relación de candidatos na oficina central da entidade, en disposión de ser consultada polos conselleiros xerais. Se no transcurso dese prazo se presentase algunha impugnación, será resolta pola comisión de control no curso da asemblea, previamente á súa elección.

Para consultas polos conselleiros xerais atópase depositado na oficina central da caixa un exemplar dos estatutos e do Regulamento do procedemento electoral.

A Coruña, trece de maio de mil novecentos noventa e oito.

O presidente do Consello de Administración.

Rubricado.

3942