Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.515

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do estudio de detalle para o reaxuste das determinacións e delimitación do plan parcial do Polígono B-4 de Fonte Santa.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrada o vintenove de abril de mil novecentos noventa e oito acordou aprobar definitivamente o estudio de detalle formulado mediante iniciativa particular por Jorge Fontenla Coello, en interese das entidades mercantís Deca Promociones, S.L. e Áridos Gallegos, S.L.coa finalidade de reaxustar determinaciones e delimitación do plan parcial do Polígono B-4 de Fonte Santa do Plan xeral de ordenación urbana, sendo redactado este documento polos arquitectos señores Cordeiro Rodríguez, Davila Alonso, Jiménez López e Meijide Rico, e visado pola delegación de Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia con data do 11-12-1997. e requirir ás entidades promotoras do estudio de detalle para que procedan a rechea-la piscina construída sobre unha parcela de propiedade municipal destinada ó uso público xeral, téndose que proceder á execución de tal xeito que a parcela quede completamente axardinada e urbanizada para o fin a que se destina, o

que supervisará o Servicio Municipal de Xestión e Disciplina Urbanística, quedando exento este concello de calquera responsabilidade que puidera derivarse da execución da piscina en tanto non se proceda á rechea-lo seu vaso.

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acordo poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses computados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de comunicación ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que se poida exercer, se é o caso, calquera outro recurso que coide procedente.

Pontevedra, 6 de maio de 1998

Juan Luís Pedrosa Fernández

Alcalde

Julio Dapena Outomouro

Secretario xeral

4652