Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.516

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CAIXA VIGO (COMISIÓN ELECTORAL)

ANUNCIO da Comisión Electoral da Caixa de Aforros Municipal de Vigo-Caixavigo.

Para o coñecemento dos impositores desta Caixa de Aforros, faise público que, conforme o oportunamente anunciado, o día 27 de abril último, tivo lugar en Vigo, en acto público perante notario, o sorteo para a designación de compromisarios que deberán elixir no seu día os conselleiros xerais que os representen dentro dos órganos de goberno dela.

Durante os días hábiles comprendidos entre o 19 de maio e o vindeiro 1 de xuño, ámbolos dous inclusive, tódalas listas de compromisarios así elixidos atoparanse expostas no domicilio social da entidade, expoñéndose en tódalas oficinas as listas da circunscrición ás que cada unha pertence, para que tódolos impositores poidan consultalas e presenta-las reclamacións ou impugnacións que consideren pertinentes, durante o devandito prazo e tres días máis.

A tramitación das ditas reclamacións axustarase ó establecido no Regulamento do sistema de designación dos órganos de goberno da caixa, debendo ser formuladas por escrito dirixido á Comisión Electoral, e presentadas na oficina onde se observase a deficiencia da que se trate, ou na sede central achegando necesariamente a xustificación documental axeitada, salvo que se designen de modo concreto os elementos de proba e estes se atopen en poder da propia caixa.

A relación nominal definitiva, despois das rectificacións procedentes, será exposta ó público na mesma forma e con carácter de notificación para tódolos efectos, durante os días 15 ó 26 de xuño próximos.

Vigo, 4 de maio de 1998.

Ramón Cornejo Molíns

Presidente da Comisión Electoral da Caixa de Aforros Municipal de Vigo