Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Confederación Central de Organizaciones de Productores Mejilloneros de Galicia (Cemega).

En cumprimento do disposto no artígo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no corres

pondente servicio desta dirección xeral, se presentou o día 7 de abril de 1998 certificación expedida polo secretario da devandita confederación, Pablo Otero Portela, avalada co visto e prace do ser presidente, Ángel Padín Naveiro, na que se reflicte o acordo acadado por unanimidade pola asemblea xeral, na reunión celebrada o 14 de xullo de 1997 e que se concreta no cambio de domicilio social da confederación que pasa a ser: rúa da Baldosa, 1-3º, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1998.

María José Cimadevila Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

3955