Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.506

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

EDICTO do 28 de abril de 1998 de notificación da resolución do expediente sancionador DH.015.9736.

Por medio do presente edicto faise saber que o presidente de Augas de Galicia dictou resolución no expediente administrativo sancionador que se detalla en extracto en anexo a este edicto, referente a infraccións tipificadas na Lei 29/1985, de augas, en materia de dominio público hidráulico. Intentada a notificación da resolución no domicilio que consta no expediente, esta non se puido levar a cabo.

En consecuencia, de acordo co previsto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado a resolución indicada no anexo e comunícaselle que o seu texto íntegro se enconta á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela).

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde a publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, logo de comunicación ante o órgano que a dictou.

Con todo isto, sendo executiva a resolución notificada polo presente edicto, o importe da sanción deberá aboarse, no prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, na conta aberta na oficina número 0388 da entidade bancaria Caixa Galicia, conta número 3110001083 aberta a nome de Augas de Galicia. Unha vez efectuado o ingreso, deberá remitir a Augas de Galicia copia do resgardo da operación bancaria. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse o ingreso, procederase á súa exacción pola vía de constrinximento.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1998.

Isabel Vila Barbosa

Xefa da Área de Xestión do Dominio Público Hidráulico

ANEXO:

-Expediente número: DH.D15.9736.-Persoa interesada: Fernando Pérez Fernández.-Acto administrativo: resolución do 31-10-1997.-Preceptos infrinxidos: 108 Lei de augas e 316 d) R.D.P.H.-Sanción imposta: 1.000.001 pesetas.-Indemnización: 451.724 pesetas.

4580