En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Centros de Menores (AGCM) que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderán pertencer á devandita asociación os centros de menores de iniciativa social do territorio galego logo da solicitude e aceptación dos estatutos da referida asociación.
Asinan a acta de constitución: Sara Jato Álvarez, en representación da Mini-Residencia Infanto-Xuvenil María Mediadora e tres persoas máis en representación doutros tantos centros.
Santiago de Compostela, 17 de abril de 1998.
María José Cimadevila Cea
Directora xeral de Relacións Laborais
4398