Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 20 de abril de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio dunha batea de cultivo de mexillón denominada Canelas número 2, a favor de José Antonio Romero Torres e Mª del Carmen Novoa González.

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos da transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización previa prevista no artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31-5-1993) e no artigo 10 do Decreto 406/1996 de 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228 do 21-11-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos invocada e aboado o imposto corespondente.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e do establecemento que se relaciona a continuación:

Denominación da batea: Canelas nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Caramiñal D, cuadrícula 76.

Data da concesión: 8-1-1975.

Data de finalización da última prórroga: 30-8-2006.

Anterior concesionario: José Francisco Romero

Torres (33.262.830), Eva Mª Iglesias Torres (78.784.327) e José Antonio Romero Torres (52.456.585).

Novo titular da concesión e batea: José Antonio Romero Torres (52.456.585) e Mª del Carmen Novoa González (76.777.051).

O novo titular queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de rango suficiente.

A Coruña, 20 de abril de 1998.

P.D. (Orde 27-6-1990)

María José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña

4056