Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 20 de abril de 1998 pola que se aproba o cambio de dominio da batea V.R. número 2 (Redondela B-8).

Visto o expediente de cambio de dominio que a continuación se menciona, instruído para efectos de transmisión da concesión administrativa pertinente e do establecemento que a ampara; tendo en conta que o interesado obtivo a autorización de acordo co artigo 59 da Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia (DOG nº 101 do 31-5-1993) e o artigo 10 do Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo

que se aproba o regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG nº 228, do 21-10-1996) e que foi acreditada a transmisión de dereitos e aboados os impostos correspondentes.

Esta consellería, en virtude das atribucións conferidas, á vista do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, acordou acceder ó solicitado, proclamando a nova titularidade da concesión e establecemento que se relaciona a continuación.

Nome da batea: V.R. nº 2.

Cultivo: mexillón.

Localización: Redondela B, cuadrícula nº 8.

Data da concesión: 21-9-1957 (BOE nº 289).

Data na que remata a última prórroga: 17-11-2003.

Anterior concesionario: Josefa Ríos Ríos, (35.230.296T).

Telmo Meira Blanco (35.225.945L).

Novo titular da concesión: Abel Ángel Meira Ríos (35.318.713M).

O novo concesionario queda subrogado nos mesmos dereitos e obrigas do anterior concesionario, así como obrigado ó cumprimento das disposicións legais vixentes que lle sexan aplicables e de categoría suficiente.

Vigo, 20 de abril de 1998.

P.D. (Orde do 27-6-1990, DOG nº 134 do 10-7-1990)

Rosa Mª Quintana Carballo

Delegada territorial de Vigo (Pontevedra)

3873