Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.504

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1998, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia concurso, por procedemento aberto, para a contratación da subministración consistente na adquisición de vestiario para o persoal laboral de centros dependentes desta delegación provincial.

De conformidade co establecido na Orde do 22 de maio de 1996, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

Esta delegación provincial, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anunciar concurso por procedemento aberto para a contratación da subministración consistente na adquisición de vestiario para persoal laboral de centros dependentes da dita delegación provincial.

Obxecto: adquisición de vestiario.

Orzamento:

* Partida I-A (calzado): 1.200.000 ptas. (un millón dúascentas mil pesetas).

* Partida I-B (calzado - zocos lavables esterilizables: 800.000 ptas. (oitocentas mil pesetas).

* Partida II (pixamas e batas): 1.300.000 ptas. (un millón trescentas mil pesetas).

* Partida III (pezas de roupa): 3.100.000 pts (tres millóns cen mil pesetas).

O licitador poderá presenta-la súa oferta por cada unha das partidas independentemente.

Prazo de entrega: tres meses.

Execución: a medida.

Clasificación: non se esixe.

Fianza provisional: 2% do orzamento.

Fianza definitiva: 4% do orzamento.

Forma de tramitación: ordinaria.

1.-Exposición de documentación: os pregos de cláusulas administrativas particulares e demais

documentación técnica, poderá ser examinada nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

2.-Solvencia económica, financeira e técnica: os licitadores terán que acredita-la solvencia económica, financeira e técnica, en calquera das formas previstas na Lei de contratos das administracións públicas.

3.-Lugar: a presentación de propostas farase no rexistro da Delegación Provincial de Pontevedra ou nas súas dependencias en Vigo, avenida Cánovas del Castillo s/n, en sobres pechados, ou por correo con xustificación da data de imposición e a comunicación o mesmo día ó órgano de contratación mediante telegrama ou telefax.

4.-Prazo de presentación de propostas: comezará o día seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia e rematará ós 26 días naturais ás 14 horas.

5.-Documentación que deberán presenta-los licitadores: os licitadores presentarán en sobre pechado e asinado por eles mesmos a documentación persoal, a proposta económica e as referencias técnicas descritas no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

6.-Criterios de adxudicación: os definidos no punto nº 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.

7.-Apertura de propostas: será realizada pola mesa de contratación o décimo terceiro día natural seguinte ó do final do prazo de presentación de propostas na sala de xuntas da Delegación Provincial de Pontevedra nas súas dependencias de Vigo, avenida de Cánovas del Castillo s/n, ás 9 horas en acto público. Se coincidise ese día en sábado ou festivo, reuniranse o primeiro día hábil seguinte.

8.- O pagamento deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Vigo, 22 de abril de 1998.

P.D. (Orde 22-5-1996)

Jorge García-Borregón Millán

Delegado provincial de Pontevedra

3870