Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.500

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (118/1998-3).

En virtude do acordado polo xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en resolución desta data, nos autos do declarativo menor contía nº 118/1998-3 seguidos neste xulgado por instancia de Marcelino Lema Lobato e Manuel Valdés Lema, representados pola procuradora Mª Soledad Sánchez Silva, contra Manuel Álvarez Tallón e persoas descoñecidas e incertas que poidan estar en posesión de bens fideicomitido; emprázase o demandado, persoas descoñecidas e incertas que poidan estar en posesión de bens fideicomitidos, para que no termo de dez días comparezca en autos en legal forma con avogado que o defenda e procurador que o represente, coa

prevención de que se non comparece, será declarado en rebeldía e recaerá sobre el o prexuízo a que houbese lugar en dereito.

E para que sirva de emprazamento ó denunciado, persoas descoñecidas e incertas que poidan estar en posesión de bens fideicomitidos, expido o presente edicto que asino en Santiago de Compostela o 16 de abril de 1998.

A secretaria

Rubricado

3726