Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.500

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO PENAL NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

REQUISITORIA (92/1997).

Apelidos e nome: Da Cunha Tomás Bicho, Mario, nacido en Matosinhos (Portugal), o día 22-3-1959, fillo de María Fernanda e Arístides, cun último enderezo que foi en Camiño Vello número 12-Xuvia-Neda (A Coruña), con tarxeta de identidade número 6808233, de nacionalidade portuguesa.

Acusado no procedemento abreviado número 92/1997 sobre delicto de lesións, dimanante das dilixencias policiais con rexistro de saída 537, con data do 1-2-1996 instruídas na comisaría de policía de Santiago de Compostela, deberá comparecer dentro do prazo de dez días, ante o Xulgado do Penal número un de Santiago de Compostela, para constituírse en prisión e responder dos cargos que lle resulten, apercibíndoo de que, de non verificalo, será declarado rebelde e recaerá sobre del o prexuízo a que houbese lugar.

Santiago de Compostela, 15 de abril de 1998.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario xudicial

Rubricado

4680