Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.500

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (58/1997-04).

Eu, Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela.

Fago saber: que neste xulgado se segue o xuízo executivo co número 58/1997, promovido por El Corte Inglés, S.A., representado pola procuradora Sánchez Silva contra Ángeles López Ledo e outros, sobre reclamación da cantidade de 5.869.091 pesetas de principal e 2.250.000 pesetas para xuros, gastos e custas; e dado que a denunciada se encontra en ignorado paradoiro por medio do presente edicto cítase a Ángeles López Ledo, para que no termo improrrogable de nove días se constitúa en autos en legal forma, mediante procurador e letrado, e se opoña á execución se lle conviñese. Faise constar que as copias da denuncia e documentos se encontran nesta secretaría a súa disposición e é apercibida de que de non comparecer será declarada en rebeldía, seguindo o preito en curso, sen volve-la citar nin facerlle outras notificacións que as que determine a lei.

Sin previo requirimento de pagamento procédese ó embargo dos seguintes bens:

Parte proporcional do soldo que percibe a denunciada como empregada, dependente da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia.

Por medio do presente edicto notifícaselle a existencia do procedemento ó home da denunciada, Miguel Álvarez de Toledo, para os efectos previstos no artigo 144 do Regulamento hipotecario.

E para que conste e lle sirva de citación de remate á denunciada, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e oito.

Rubricado

3753