Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.499

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DA ESTRADA

CÉDULA de citación (34/1998-09).

Por resolución da xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción da Estrada dictada neste día en xuízo de faltas 34/1998-09, cítase a José María Sánchez Padilla con derradeiro domicilio coñecido en Santiago Guayaquil 7-5º-A de Santiago de Compostela, para que compareza na sala de audiencia deste xulgado, no día vinteseis de maio, ás dez e vinte horas, sobre falta contra a orde pública, conducción sen seguro obrigatorio e, en concepto de denunciado, mándase convocar para o dito acto ó Ministerio Fiscal e cita-las partes e testemuñas, co fin de que comparezan no lugar, o día e a hora expresados, debendo as partes achegar para ese acto tódalas probas admitidas en dereito e das que tenten valerse (testemuñas, documentos, peritos, etc...), segundo se establece no artigo 965 da Lei de axuizamento criminal e, todos eles, baixo apercibimento de que se deixasen de asistir, sen acreditar xusta causa, poderán ser multados, salvo que residan fóra do termo municipal da Estrada, os que en

tal suposto e de seren denunciados, poderán dirixir escrito ó xulgado, alegando o que coiden conveniente para a súa defensa e apoderar, na forma que establecen os artigos 281.3º da Lei orgánica do poder xudicial e 8 do Decreto, do 21 de novembro de 1952, a persoa que presente no dito acto as probas de descargo que tivesen.

Na Estrada o vinteún de abril de mil novecentos noventa e oito.

E para que conste e a sua publicación no Diario Oficial de Galicia, expido a presente cédula na Estrada, na data de arriba.

O secretario xudicial

Rubricado

3752