Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.499

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 1998, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a data do sorteo para determina-la composición dos tribunais que deberán xulga-los procedemeentos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño.

A base común 5, punto 2º da Orde do 15 de abril de 1998 pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño establece que os tribunais que xulguen os procedementos de selección estarán integrados por catro vocais designados por sorteo entre funcionarios do corpo e especialidade correspondente. Así mesmo, determínase que, no suposto de que non sexa posible designar tódolos vocais nas condicións anteriormente sinaladas, poderán designarse profesores doutros corpos, de igual ou superior grupo, ou doutras especialidades.

Resultando necesario facer público a data e a hora en que terá lugar o sorteo público.

Esta dirección xeral,

RESOLVE:

O sorteo para determina-los catro vocais e, se é o caso, os suplentes correspondentes que xulgarán

os procedementos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional, profesores de música e artes escénicas, profesores e mestres de taller de artes plásticas e deseño terá lugar entre funcionarios de carreira do corpo e especialidade correspondente, en servicio activo en centros dependentes desta consellería o próximo día 27 de maio de 1998, ás 9 horas, na sala de xuntas da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, sita en San Caetano, s/n Santiago de Compostela.

Naquelas especialidades en que non haxa, alomenos, seis funcionarios de carreira en activo, os tribunais serán designados directamente pola Dirección Xeral de Persoal.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 1998.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

3766