Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.488

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 1998 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas financiado, mediante contratos de arrendamento financeiro, polo Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e as entidades de crédito.

Con esta mesma data, o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) e 19 entidades de crédito, asinaron un convenio co obxecto de establecer unha liña de axudas de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas, ó abeiro do Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, do Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, de incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia e da Orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e Orde da Consellería de Economía e Facenda do 26 de marzo de 1998 que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do IGAPE e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 317/1992, do 12 de novembro, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do disposto no artigo 78 da Lei 11/1992, do 11 de outubro, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e co obxecto de darlle unha axeitada difusión, faise público o texto do con

venio coas entidades de crédito que figura como anexo I e a relación de entidades que o subscribiron que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do IGAPE

ANEXO I

CONVENIO DE APOIO FINANCEIROÓS INVESTIMENTOS DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS FINANCIADO, MEDIANTE CONTRATOS DE ARRENDAMENTO FINANCEIRO, POLO INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (IGAPE), E A ENTIDADE DE CRÉDITO *******

En Santiago de Compostela, 4 de maio de 1998, establécese o presente convenio, asinado por unha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE), Excmo. Sr. D. José Antonio Orza Fernández, e doutra parte pola entidade de crédito *************** representada por **********************, con poder suficiente. Este convenio inscríbese dentro do marco da política de apoio á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia ó abeiro do Decreto 309/1995, do 23 de novembro e no Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia desenvolvido mediante a Orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e Orde da Consellería de Economía e Facenda do 26 de marzo de 1998 que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

Conscientes do importante papel que as PEMES desenvolven na actividade económica, ponse en marcha un programa de financiamento dos investimentos que estas empresas promovan. Consistindo a axuda na subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro que se concerten coas entidades de crédito colaboradoras e acollidos ó presente convenio.

Estes contratos de arrendamento financeiro poderán ser subsidiados polo IGAPE, con suxeición ás seguintes

CLÁUSULAS

Claúsula 1º.-Obxecto.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre a entidade de crédito ************ e o Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) co fin de establece-las liñas de financiamento subsidiadas mediante contratos de arrendamento financeiro para pequenas e medianas empresas, someténdose as partes, en todo, ó establecido no mencionado Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro e no Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empre-

sarial na Comunidade Autónoma de Galicia, a Orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e Orde da Consellería de Economía e Facenda do 26 de marzo de 1998 que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas, ás normas específicas contidas no presente convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Cláusula 2º.-Ámbito territorial e prazo de solicitude.

As empresas beneficiarias das axudas obxecto deste convenio deberán ter establecido o centro da súa actividade ou algún centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante o anterior, nos casos de axudas para investimentos en actividades de comercialización, distribución, acordos tecnolóxicos e cooperación empresarial, non será necesario que o proxecto incentivado se desenvolva en Galicia sempre que, a xuízo do IGAPE, teña individual ou sectorialmente un interese estratéxico e exista unha vinculación directa ou complementariedade coa empresa ou centro de traballo establecido na dita Comunidade Autónoma.

O prazo de presentación de solicitudes de subsidiación na entidade de crédito iníciase o día da publicación deste convenio no Diario Oficial de Galicia, data da súa entrada en vigor, e remata o 30 de outubro de 1998. En consideración ás solicitudes presentadas e á capacidade orzamentaria para atendelas, o IGAPE poderá anticipa-la data límite para a presentación de solicitudes na entidade de crédito.

Cláusula 3ª.-Modalidade, destino e cofinanciamento das axudas.

A axuda consistirá na subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro concertados en virtude do presente convenio e destinados ó financiamento de proxectos de novo investimento, consistentes na instalación, ampliación ou renovación de activos adquiridos a terceiros que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade da empresa.

A axuda financeira concedida ó abeiro do presente convenio está cofinanciada con fondos FEDER.

Cláusula 4ª.-Beneficiarios.

1. Poderán ser beneficiarias das axudas previstas no presente convenio aquelas empresas que teñan a consideración de pequenas e medianas (PEMES) conforme a definición establecida pola Unión Europea. Para os efectos do presente convenio, terá a consideración de PEME a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 250 traballadores,

b) Que teña ben un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de ECUS, ou ben un balance xeral, activo total, non superior a 27 millóns de ECUS, e

c) Que o seu capital non estea participado en máis dun 25% por empresas que non cumpran os requisitos

anteriores, agás se estas son empresas públicas de investimento, empresas de capital risco ou, sempre que non se exerza o control, se son investidores institucionais.

Para os efectos da aplicación dos límites establecidos neste apartado, terase en conta o tipo de cambio do ECU vixente á data de sinatura do presente convenio.

No caso de que durante a vixencia deste convenio, a Unión Europea establecera unha definición de PEME diferente da anterior, será de aplicación para estes efectos a nova definición que se estableza.

2. Tamén poderán ser beneficiarias das ditas axudas as empresas que, sen teren a condición de PEME, de acordo coa definición anterior, consideradas de especial interese socioeconómico polo IGAPE ou respecto ás que a Comisión Delegada da Xunta de Galicia para Asuntos Económicos declarase a necesidade ou conveniencia de apoio.

Cláusula 5ª.-Actividades subvencionables.

Considéranse incentivables, de acordo co establecido no artigo 4º do Decreto 309/1995, do 23 de novembro e no artigo 7º da Orde do 18 de abril de 1996, as actividades económicas relacionadas no anexo I de actividades subvencionables e preferentes.

Cláusula 6ª.-Conceptos de investimento subvencionable e materialización dos investimentos.

6.1. Os conceptos de investimento subvencionable deberán realizarse en inmobilizado material novo adquirido a terceiros que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade da empresa e serán, segundo as distintas modalidades de leasing, os seguintes:

a) Leasing inmobiliario: inmobles.

b) Leasing mobiliario: maquinaria e as súas instalacións técnicas; ferramenta; mobiliario e equipo de oficina e de proceso de información e elementos de transportes interno e, no caso de empresas de transporte, tamén elementos de transporte externo. Nos investimentos en equipos de proceso de información poderanse incluír, sempre que non superen o 25% do investimento total subvencionable, as aplicacións informáticas.

c) Tamén terán a consideración de subvencionables os proxectos de investimento que en parte recaian sobre inmobles usados, sempre e cando non superen o 50% do proxecto total subvencionable. O financiamento poderá instrumentarse a través de contratos de leasing inmobiliario ou mobiliario, segundo o seu obxecto. Nestes casos, non serán de aplicación para cada contrato individualmente, aínda que si no seu conxunto, os límites mínimos establecidos no primeiro parágrafo da cláusula 7.1 do presente convenio.

O total do investimento subvencionable determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

6.2. Materialización dos investimentos. Os bens obxecto do contrato deberán manterse durante a súa

vixencia e a empresa beneficiaria comprometerase a exerce-la opción de compra, debendo ser realizada no momento convido; noutro caso será causa de perda da subvención.

Cláusula 7ª.-Características das operacións de leasing.

7.1. Importe dos contratos e porcentaxe de financiamento.

O importe mínimo do investimento subvencionable e do contrato de arrendamento financeiro será de 10 millóns de pesetas.

O importe máximo do contrato ou contratos de arrendamento financeiro subscritos ó abeiro deste convenio para cada beneficiario será de 500 millóns de pesetas. Excepcionalmente, naqueles casos en que o IGAPE o xulgue de especial interese socioeconómico, poderanse ter en consideración importes superiores.

O importe con dereito a subsidiación dos contratos de arrendamento non poderá supera-lo 95% do investimento considerado subvencionable.

7.2. Duración dos contratos.

A duración dos contratos de arrendamento financeiro, segundo as distintas modalidades de leasing, será a seguinte:

a) Leasing inmobiliario: a duración mínima será de 10 anos.

b) Leasing mobiliario: a duración mínima será de 2 anos e a máxima de 5 anos.

7.3. Orixe dos fondos.

Os fondos para a formalización dos contratos serán facilitados polas entidades de crédito, ata un importe máximo do 95% do investimento subvencionable, debendo, polo tanto, facerse unha entrega a conta pola parte do arrendatario mínima do 5%.

7.4. Tipo de xuro, comisións e axuda financeira.

7.4.1. O tipo de xuro que determinará a carga financeira dos contratos de arrendamento financeiro, concertados a través do presente convenio, será o seguinte:

Para leasing mobiliario:

-Operacións con prazo entre 24 e 48 meses: tipo de xuro nominal fixo do 5,50% durante toda a vida do contrato.

-Operacións con prazo entre 49 e 60 meses: o empresario pode optar entre:

-Tipo de xuro nominal fixo do 5,50% durante toda a vida do contrato.

-Tipo de xuro variable.

2. Para leasing inmobiliario: tipo de xuro variable.

No caso de operacións de leasing a tipo de xuro variable, este determinarase de acordo co establecido a continuación:

Primeiro.-O tipo de xuro nominal das operacións concertadas a través do presente convenio fixarase para 1998 no 5,50%.

Segundo.-Para próximos exercicios, o citado tipo de xuro variará por anos naturáis de acordo á seguinte norma:

a) Tipo de referencia: Para cada ano será a media aritmética simple dos tipos medios diarios do MIBOR (mercado interbancario de depósitos) a prazo de 6 meses (ou tipo de xuro sustitutivo), correspondente o mes de outubro do ano anterior.

b) Tipo adicional: será o que adicionalmente pacten as partes, sen que en ningún caso poida exceder de 1,25 puntos.

c) O tipo de xuro nominal anual dos contratos será, para cada ano natural, o resultante de engadir ó tipo de referencia, o tipo adicional que pactaran as partes. Se o tipo de xuro resultase con varios decimais, redondearase ata a máis próxima vixésima parte do punto.

O tipo de xuro de referencia para cada ano será comunicado polo IGAPE ás entidades de crédito e publicado no Diario Oficial de Galicia.

7.4.2. Comisións.

As entidades de crédito que formalicen operacións ó abeiro deste convenio poderán percibir por tódolos conceptos e dunha soa vez, unha comisión máxima do 1 %. Esta comisión non será subvencionable.

7.4.3. Axuda financeira e prazo de subsidiación.

a) A subsidiación ó tipo de xuro dos contratos de arrendamento financeiro será a seguinte:

1) Actividades subvencionables: 2 puntos.

2) Actividades preferentes: 3 puntos.

3) Por localización preferente do proyecto investidor, de acordo co artigo 8º da Orde de 18 de abril de 1996: 1 punto.

Para os efectos deste convenio, considéranse zonas especialmente desfavorecidas, de acordo co artigo 8.b) da Orde do 18 de abril de 1996, aqueles concellos nos que existe un abandono de poboación superior ó 15%, e que se incorporan ó presente convenio como anexo II.

4) Aqueles proxectos investidores que leven á creación de emprego: 0,50 puntos.

b) O prazo de subsidiación, con independencia do prazo do contrato de leasing, non excederá dos 7 primeiros anos.

7.4.4. Para proxectos investidores de actividades preferentes ou localización preferente e con creación de emprego neto, o tipo mínimo non poderá ser inferior ó 2%. Para o resto dos proxectos investidores, o tipo de xuro neto resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó 3%. No caso de que sexa inferior limitarase a subsidiación ata os citados tipos efectivos resultantes.

7.4.5. Condicións das cotas de arrendamento financeiro.

As cotas de arrendamento serán de igual importe, terán vencemento mensual e deberán cumpri-los

requisitos establecidos na disposición adicional 7ª da Lei 26/1988. Non obstante, poderá establecerse unha primeira cota de maior importe cás seguintes.

Cláusula 8ª.-Tramitación.

8.1. Modelo de solicitude e documentación.

A solicitude que se presentase deberase corresponder co modelo normalizado que para o efecto distribuirase e dará publicidade a través das entidades de crédito e do Diario Oficial de Galicia.

Ademais do impreso de solicitude presentarase a seguinte documentación:

1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante:

Persoas físicas:

* Fotocopia do DNI/NIF.

Persoas xurídicas:

* Fotocopia do CIF.

* Certificación dos administradores ou do secretario do Consello de Administración, co visto e prace do presidente, na que figure: a data de constitución da sociedade e os datos de inscrición no Rexistro Mercantil (folla, folio, sección, libro, rexistro), a composición actual do Consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación; o número de traballadores, o volume de negocios anual e o activo total correspondentes á data de peche do último exercicio pechado.

* No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores, o volume de negocios anual e o activo total correspondente á data de peche do último exercicio pechado.

* A documentación relativa á copia da escritura de constitución e dos estatutos, debidamentes inscritos no Rexistro Mercantil, e a acreditación do poder de representación do asinante da solicitude estará ó dispor do IGAPE na entidade de crédito durante o prazo legalmente establecido, non sendo, polo tanto, necesario xunta-la ó expediente de solicitude.

2) Fotocopia do último recibo pagado polo imposto de actividades económicas. No caso de empresas de nova constitución ou de empresas en funcionamento que vaian iniciar unha actividade distinta da que veñen desenvolvendo, deberán aportar fotocopia da alta no IAE ou compromiso firme de remitir a este Instituto fotocopia da alta no imposto, indicando o epígrafe del.

3) Descrición e relación valorada do investimento proxectado, xuntando documentación acreditativa dela (facturas proforma, orzamentos, contratos, etc.).

4) Nas solicitudes de axuda para un proxecto que leve a creación de emprego por conta allea: declaración xurada do número de postos de traballo que se creen e fotocopia do último TC1 e TC2; e no caso de que o número de traballadores que figuran

neles non coincida co número actual de traballadores no momento da solicitude e que figuran nela, certificación emitida polo solicitante do número de traballadores dados de baixa/alta e aclaración á diferencia sinalada.

5) Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto especificando o organismo ó que a solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

6) Certificados que acrediten estar ó día nas obrigas ficais e da Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes.

7) Certificación acreditativa de que o beneficiario non ten contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

8) Para aqueles contratos por importe superior a 500 millóns de pesetas deberán xuntar á anterior documentación unha memoria que conteña os antecentes da empresa ou dos seus promotores, as razóns que aconsellan a realización do proxecto e estudio de viabilidade asinado polo solicitante.

En calquera caso, cantos outros documentos e información adicional que se considere oportuna, a xuízo do IGAPE, para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

8.2. Presentación de solicitudes.

As solicitudes presentaranse nas entidades de crédito segundo o modelo normalizado xa citado, acompañadas da documentación que se sinala no epígrafe anterior.

Coa presentación da instancia de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas recollidas no presente convenio apoderan á entidade de crédito para a realización ante o IGAPE de todos aqueles trámites en que así se prevexan. A este respecto o IGAPE considerará a actuación da entidade de crédito como se fora propia da empresa solicitante.

O impreso de solicitude constará de catro exemplares:

- Orixinal e primeira copia para o IGAPE.

-Segunda copia para a entidade de crédito.

-Y terceira copia para o solicitante.

A entidade de crédito datará e selará os catro exemplares, entregando ó solicitante a terceira copia. Centralizará a recepción das solicitudes presentadas nas distintas oficinas, tendo un prazo de 15 días para resolve-la petición, sendo o prazo límite para a aceptación de solicitudes nas ditas entidades o 30 de outubro de 1998.

As entidades de crédito deberán presentar no rexistro do IGAPE os expedientes coa documentación completa, coa excepción sinalada no derradeiro parágrafo do apartado 1) da cláusula 8.1., acompañados da comunicación de concesión do leasing segundo o modelo que se xunta (anexo III) e das correspondentes táboas de amortización, sendo o derradeiro día hábil para a súa presentación o 13 de novembro de 1998. As solicitudes que se pre

senten fóra deste prazo arquivaranse sen máis trámite, asumindo a entidade de crédito tódala responsabilidade polos prexuízos que iso poida supoñer á empresa solicitante.

A presentación dos expedientes no IGAPE realizarase mediante escrito no que se relacionen os expedientes que se xuntan (número, nome e importe).

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o contrato, seguido da denominación da sociedade civil ou comunidade de bens.

O IGAPE reclamará á entidade de crédito e ó interesado aqueles documentos preceptivos que deben xuntarse á solicitude, debendo presentarse estes no prazo improrrogable de 15 días hábiles a partir da data de notificación ó interesado, transcorrido o cal, procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite. Ademais poderá solicita-los datos adicionais que estime convenientes para precisa-lo contido ou alcance do proxecto investidor.

8.3. Concesión.

O IGAPE resolverá e notificará ó solicitante e á entidade de crédito, a concesión ou denegación da solicitude de subsidiación. O beneficiario, previamente á formalización ou á adaptación do contrato, deberá aceptar expresamente a resolución de concesión. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión e que deberá ser devolta ó IGAPE debidamente cuberta.

8.4. Formalización.

A entidade de crédito e o solicitante deberán formaliza-lo contrato de arrendamento financeiro mendiante escritura pública ou póliza intervida por corredor de comercio colexiado, de acordo coas seguintes condicións:

A partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e requisitos establecidos nel, a entidade de crédito, unha vez presentado o expediente de solicitude no IGAPE, poderá formaliza-los contratos cos seus clientes. Para iso, deberá remitir escrito, segundo modelo que se xunta (anexo IV), manifestando a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este Instituto analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do contrato a subsidiar. O IGAPE comunicará mediante fax á entidade de crédito a autorización, se é o caso, a dita formalización. A empresa solicitante requirirá á entidade de crédito copia da autorización do IGAPE antes de proceder á formalización do contrato.

A autorización á formalización do contrato antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

Unha vez comunicada a resolución de concesión do IGAPE, deberán incluír un anexo ó contrato,

intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución. As cotas anteriores á data de resolución no terán subsidiación do IGAPE.

Se o contrato se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, deberá recolle-la característica de estar acollido a este convenio, e nel estableceranse claramente o tipo de xuro da operación e, se é o caso, o sistema de variación para os próximos exercicios, así como os puntos de subsidiación concedidos e o tipo de xuro mínimo para o beneficiario.

O prazo máximo para a formalización de leasing mobiliario ou, se é o caso, a adaptación da póliza ás condicións deste convenio, será de 3 meses contados desde a data de notificacion da concesión ó beneficiario. Para leasing inmobiliario o prazo será de 5 meses. Transcorrido o dito prazo entenderase o beneficiario decaído nos seus dereitos, agás que, logo de solicitude razoada deste, presentada no IGAPE dentro do prazo, e acreditando a conformidade da entidade financeira, o IGAPE autorizase a dita prórroga.

No contrato de arrendamento financeiro recollerase, ademais das especificacións que establece a normativa legal, a característica de estar acollido ó convenio.

A entidade de crédito deberá remitir ó IGAPE, coa maior brevidade, unha fotocopia do contrato, unha vez formalizado, así como certificado de conformidade sobre a entrega dos bens arrendados, debidamente subscrito polo arrendatario; certificación da carga financeira ó tipo de xuro do contrato e ós puntos subsidiados acompañada das correspondentes táboas de amortización; compromiso do arrendatario de exerce-la opción de compra e copia dos documentos que xustifiquen o investimento.

8.5. Incidencias.

a) Cambio de titularidade da axuda financeira: Os bens obxecto do contrato deberán manterse durante a súa vixencia. Considerarase que cumpre esta condición nos casos de transformación de empresas individuais en sociedades e nos de modificación da forma societaria, sempre que se recolla na escritura a aportación dos dereitos de arrendamento dos bens financiados e a subrogación nas obrigas financeiras do contrato. Deberá acordar, ademais, o órgano competente da sociedade, a subrogación no cumprimento das obrigas derivadas da concesión do contrato leasing subvencionable. Nos casos de fusión ou absorción de sociedades procederase de xeito análogo. A citada documentación deberá ser remitida, a través da entidade de crédito, ó IGAPE, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio de titularidade da axuda.

No caso de que o arrendatario decidise, antes do prazo de vencemento do contrato de leasing, traspasar, vender ou aluga-lo seu negocio, as cotas seguintes perderán automaticamente a subsidiación, agás cando haxa subrogación no contrato leasing polo novo titular do negocio e este continuara coa mesma

actividade ou outra que sexa subvencionable segundo se establece na cláusula 5ª do presente convenio, logo de autorización polo IGAPE e coa conformidade da entidade de crédito.

b) Cambio de entidade de crédito: naquelas axudas concedidas nas que o titular solicite a formalización do contrato noutra entidade de crédito colaboradora distinta da que tramitase a solicitude, deberá solicita-lo cambio de entidade de crédito a través da nova entidade crediticia, xuntando nova comunicación de concesión do contrato e declaración xurada de que non existe variación na documentación do expediente, enviando toda esa documentación ó IGAPE, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio solicitado.

c) Modificación dos plans de investimento: poderá aceptarse sempre que non supoña un cambio na natureza do ben nin se desvirtúe o proxecto. Se o cambio supón variacións totais na contía do investimento subvencionable, deberá solicitarse a dita modificación, a través da entidade de crédito, previamente á formalización do contrato, ante o IGAPE, xuntando unha memoria explicativa do cambio e novas facturas proforma xustificativas deste. Só se aceptarán modificacións que impliquen unha reducción da contía do investimento, podendo o IGAPE, no caso de autoriza-la modificación solicitada, acomoda-la contía do contrato subvencionable á porcentaxe máxima de financiamento sinalada na cláusula 7ª.

d) Cancelación anticipada: poderá admitirse sempre e cando o contrato cumpra o prazo mínimo establecido na disposición adicional sétima da Lei 26/1988, do 29 de xullo e se exerza a opción de compra. A entidade de crédito deberá comunicar ó IGAPE a data de cancelación, xuntando os documentos xustificativos da operación. Perderase o dereito á subsidiación desde a data de cancelación.

O resto das incidencias que se producisen poderanse admitir despois da solicitude do interesado, coa conformidade da entidade de crédito, sempre que estean xustificadas e non desvirtúen a finalidade da subsidiación.

Cláusula 9ª.-Liquidación e pagamento da subvención.

O importe da subvención calcularase aplicando ós puntos de subsidiación a carga financeira pola totalidade do prazo de duración do contrato. O dito cálculo efectuarase mediante a elaboración de táboas ou cadros de amortización tomándose como tipo de xuro os puntos de subsidiación. O total da columna carga financeira así calculado será o montante da subsidiación para todo o período.

Para os contratos formalizados a tipo fixo a liquidación da subsidiación efectuarase anualmente e polo importe correspondente ó número de meses de vixencia do contrato durante o ano a liquidar. O importe mensual da subvención será constante.

Para operacións formalizadas a tipo variable a liquidación da subsidiación será anual e polo importe correspondente ó ano a liquidar. Se lle é de apli

cación a limitación ós puntos de subsidiación establecida no apartado 7.4.4 deste convenio, efecturase un novo cadro de amortización ó tipo de subsidiación resultante pola totalidade da duración do contrato, correspondéndolle á liquidación de que se trate a parte proporcional ó ano que se liquida. O importe mensual da subsidiación será constante.

O pagamento da subvención ó beneficiario realizarase a través da entidade de crédito, que presentará, por duplicado, ante o IGAPE, xunto coa certificación de solicitude de cobro da subvención, unha relación individualizada das súas operacións, especificando o número de expediente, titular, importe do contrato, data de formalización, data de vencemento, prazo en meses, carga financeira total establecida no contrato, carga financeira total que correspondería aplicando os puntos obxecto de subsidiación, importe da subvención total, número de meses de vixencia do período a liquidar e importe da subvención solicitada.

Para operacións acollidas a este convenio e formalizadas durante o exercicio 98, as entidades de crédito poderán presenta-la solicitude de cobro da subvención dentro dos 15 primeiros días do mes de xaneiro do ano 1999. Para exercicios posteriores, a dita solicitude presentarase na primeira quincena do mes de xullo de cada ano.

Cláusula 10ª.-Compromiso das entidades de crédito.

A entidade de crédito que subscribe o presente convenio comprométese a aprobar contratos de arrendamento financeiro nos termos e condicións establecidos neste convenio e no Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, no Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 26 de marzo de 1998 que modifica a do 18 de abril de 1996, ata un importe máximo de **** millóns de pesetas.

Así mesmo, a entidade de crédito asinante comprométese a respectar, segundo o establecido no artigo 11º da Orde de 18 de abril de 1996 e a Orde da Consellería de Economía e Facenda do 26 de marzo de 1998 que modifica a do 18 de abril de 1996, as proporcións fixadas no citado artigo do 40% (*** millóns de pesetas) para actividades subvencionables e do 60% (*** millóns de pesetas) para actividades preferentes sobre o cupo asignado de **** millóns de pesetas.

No caso de que unha entidade acadase o límite sinalado, deberá solicitar, entre o 15 e o 30 de outubro de 1998, autorización expresa ó IGAPE, para tramita-las solicitudes que tivese pendentes de presentar.

Por outra parte, a entidade asinante comprométese a cumpri-los prazos e as formalidades establecidas neste convenio respecto á tramitación dos expedientes de subsidiación e a manter ó dispor do IGAPE, durante o prazo legalmente establecido, a documentación sinalada no derradeiro parágrafo do apartado 1) da cláusula 8.1.

Cláusula 11ª.-Compatibilidade.

Os bens obxecto do contrato de arrendamento financeiro non poderán ser incluídos noutros proxectos investidores financiados en todo ou en parte mediante créditos ou préstamos con subvención ó tipo de xuro.

Estas axudas serán compatibles con outras a fondo perdido establecidas pola Xunta de Galicia ou calquera outra Administración pública, sempre que a axuda non supere, en termos de subvención neta equivalente, os límites legalmente establecidos.

Para o cálculo da axuda da subvención do tipo de xuro procederase do seguinte xeito:

a) Calcularanse en pesetas correntes os valores absolutos das subvencións a percibir.

b) Actualizaranse ó ano da concesión das axudas os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 12ª.-Perda da subvención.

1. No caso de reclamación xudicial a instancia da entidade de crédito, por incumprimento do contrato de arrendamento financeiro, e nos casos de suspensión de pagamentos ou quebra do arrendatario, perderase o dereito á subsidiación ó tipo de xuro a partir da data de presentación da reclamación ou da aceptación das anteriores declaracións no xulgado. Igualmente perderase o dereito á subsidiación no caso de cesamento da actividade subvencionable desde a data de baixa.

A entidade de crédito queda obrigada a comunicar ó IGAPE a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e as que incorran en quebra ou suspensión de pagamentos con indicación da data de presentación ou aceptación no xulgado.

2. Procederase ó reintegro das cantidades percibidas e á esixencia do xuro de demora desde o momento de calquera pagamento con cargo á subvención concedida nos seguintes casos:

a) Incumprimento da condición de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas para iso.

c) Incumprimento da finalidade para a que a subvención foi concedida.

d) Incumprimento das condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

e) Non exercita-la opción de compra.

f) No caso de mora ou non pagamento das cotas polo arrendatario, a entidade de crédito queda obrigada a comunicar ó IGAPE tal circunstancia, retendo a subsidiación correspondente en canto o beneficiario non regularice a súa situación. De non facelo, o arrendatario procederá á devolución ó IGAPE das cantidades indebidamente percibidas.

As cantidades a rientegrar terán a consideración de ingresos de dereito público, sendo, se é o caso, de aplicación para o seu recobro a vía de constrinximento.

3. Así mesmo, o IGAPE poderá esixi-las correspondentes responsabilidades ás partes implicadas nos convenios de colaboración en casos de culpa, neglixencia grave ou dolo, en detrimento do cumprimento das finalidades destas subvencións.

Cláusula 13ª.-Normas operativas.

As entidades asinantes comprométense a acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo sexan dictadas polo IGAPE, para a mellor administración e control das operacións incluídas no convenio.

Cláusula 14ª.-Información e inspección.

O IGAPE poderá solicitar ás entidades de crédito e ós beneficiarios, e durante a vixencia do contrato, calquera información ou documentación que considere oportuna; así como proceder á inspección directa dos investimentos que realicen os beneficiarios das axudas.

Cláusula 15ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a denuncia do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas.

A denuncia, que deberá facerse con 30 días de preaviso, supoñerá, en todo caso, deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 16ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada polas entidades de crédito, e representantes do IGAPE, que terán reunións con periodicidade trimestral, ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O IGAPE fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

Cláusula 17ª.-Publicidade.

As entidades asinantes comprométense a mostrar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo IGAPE e a colaborar na axeitada difusión desta liña de axudas.

Co obxecto de acadar unha maior eficacia, os proxectos e campañas publicitarias, se é o caso, serán sometidas á aprobación previa do IGAPE.

Cláusula 18ª.-Natureza.

O presente convenio ten natureza administrativa, correspondendo ó IGAPE a interpretación do seu contido.

Pola entidade de crédito

***********

Asdo: **********

DNI: ***********

Polo IGAPE,

José Antonio Orza Fernández

Presidente do IGAPE

ANEXO II

Municipios das provincias da Coruña e Pontevedra nas que existe un abandono da poboación superior a un 15%

-Provincia da Coruña.

Municipios.

Moeche.

Somozas.

Monfero.

Mesía.

Sobrado.

Vald do Dubra.

Toques.

Cesuras.

Paderne.

Boqueixón.

Mañón.

Vilamaior.

Vilasantar.

Baña (A).

Laxe.

Ortigueira.

Capela (A).

-Provincia de Pontevedra.

Municipios.

Cotobade.

Lama (A).

Vila de Cruces.

Estrada (A).

Forcarei.

Covelo (O).

ANEXO III

Modelo de comunicación da concesión contrato Leasing

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Rfa: Convenio Leasing-98

Rúa Frey Rosendo Salvado, 16 baixo

Santiago de Compostela.

Moi Srs. nosos:

Estudiada a solicitude de arrendamento financeiro presentada nesta entidade acollida ós beneficios regulados polo Decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, o Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e a orde

da Consellería de Economía e Facenda do 26 de marzo que modifica a Orde do 18 de abril de 1996, e ó convenio de colaboración arriba referenciado, comunicamoslles que foi autorizado o contrato de arrendamento financeiro coas características que se detallan:

Beneficiario:

Nº contrato Leasign:

Características da operación:

Modalidade: inmobiliario ou mobiliaro ou

total inversión (segundo solicitude):

Imp. ContratoEntrega inicial

Prazo:

Actividade (descrición):

Epígrafe CNAE:Subvencionable: o Preferente: o

Tipo de interese: ou fixo

ou variable.

Importe a financiar pola entidad de crédito:

Importe: Porcentaxe:

Puntos subsidiación:Carga financeira:

Adxuntamos orixinal e 1ª copia do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto.

Data e sinatura

ANEXO IV

Modelo de solicitude de formalización previa á resolución

En relación á solicitude de axuda financeira formulada pola empresa

Nº. Expt.:,

* Presentada no Igape na data .../.../..., rexistro de entrada nº ...

o * que se presenta na data de hoxe,

de acordo co estipulado na cláusula 8.4 do convenio leasing 98, se comunica a intención de formalizar dita operación previamente á resolución de concesión de subsidiación por parte dese instituto e respectando, en todo caso, as condicións e requisitos establecidos no convenio.

Así mesmo, comunícase que, de acordo co establecido na mencionada cláusula, a operación non se formalizará mentres non se reciba a preceptiva autorización do Igape.

Unha vez recibida a comunicación da concesión se procederá, mediante anexo ó contrato de arrendamento financeiro, á adaptación del ás condicións e características establecidas na resolución.

Data, sinatura e selo da entidade de crédito.

Instituto Galego de Promoción Económica.

Relación de entidades de crédito colaboradoras

Lico Leasing, S.A.

Banco Pastor e Pastor Servicios Finacieros, E.F.C.

Banco Bilbao Vizcaya.

Banesto, S.A.

Banco Exterior de España.

Hispamer Servicios Financieros, E.F.C., S.A.

Banco de Asturias

Bansander de Leasing, S.A.

Banco Popular Español.

Banco de Galicia.

Caixa Galicia.

Banco Central Hispano.

Banco Gallego.

Banco Espírito Santo.

Banco Urquijo.

Banco Atlántico, S.A.

Banco de Sabadell.

Caja de Ahorros y Pensiones de Barcelona.

Mercedes Benz Credit, E.F.C., S.A.

4570