Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Martes, 19 de maio de 1998 Páx. 5.472

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1998 pola que se fai público o contido do convenio de apoio financeiro ós investimentos das pequenas e medianas empresas de Galicia, financiado polo Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, o Instituto de Crédito Oficial, ICO, e as entidades financeiras.

Con esta mesma data o Instituto Galego de Promoción Económica, Igape, e 32 entidades financeiras, asinaron un convenio co obxecto de establecer unha liña de axudas de apoio financeiro ás pequenas e medianas empresas, ó abeiro do decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, do Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, de incentivos económicos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, da orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e da orde da Consellería de Economía e Facenda do 26 de marzo de 1998, que modifica a Orde do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

En virtude do exposto, de conformidade coa Lei 5/1992, do 10 de xuño, de creación do Igape e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 317/1992, do 12 de novembro, en virtude das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

En cumprimento do disposto no art. 78 da Lei 11/1992, do 11 de outubro, de réxime financeiro e presupostario de Galicia, e co obxecto de darlle unha adecuada difusión, faise público o texto do convenio coas entidades financeiras que figura como anexo I e a relación de entidades que o subscribiron o mesmo que figura como anexo II.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1998.

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO I

CONVENIO DE APOIO FINANCEIRO ÓS INVESTIMENTOS DAS PEQUENAS E MEDIANAS EMPRESAS DE GALICIA FINANCIADO POLO INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA (Igape), O INSTITUTO DE CRÉDITO OFICIAL (ICO) E A ENTIDADE FINANCEIRA **********

Antecedentes

O presente convenio, asinado por unha parte polo presidente do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), José Antonio Orza Fernández e, por outra parte, por ***************, representado por ****************** con poder suficiente, inscríbese dentro do marco da política de apoio á pequena e mediana empresa emprendida pola Xunta de Galicia ó abeiro do Decreto 309/1995, do 23 de novembro e Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia desenvolvido mediante a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e orde da Consellería de Economía e Facenda do 26 de marzo de 1998 que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

Conscientes do importante papel que as Pemes desenvolven na actividade económica, ponse en marcha un programa de financiamento dos investimentos que estas empresas promovan. Consistindo a axuda na subsidiación ó tipo de xuro dos préstamos que se concerten coas entidades financeiras acollidas ó presente convenio. Os fondos para a formalización destas operacións serán facilitados ás entidades financeiras polo Instituto de Crédito Oficial, nos termos e condicións establecidas no contrato de finan

ciamento subscrito o 17 de decembro de 1997 entre o devandito instituto e as entidades financeiras.

Para este fin, ************, na súa condición de prestamista, comprométese a mobilizar en préstamos ás pequenas e medianas empresas, na súa calidade de beneficiarias do presente convenio, unha cantidade non superior a **** millóns de pesetas. A dita cantidade destinarase a financiar operacións acollidas tanto ó presente convenio como ó subscrito entre o Igape e as entidades financeiras.

A cantidade comprometida poderase incrementar ou diminuír no mes de setembro de 1998, proporcionalmente ó grao de utilización efectivo dela, de acordo co tempo transcorrido do convenio. A diminución segundo o anterior, é unha facultade potestativa do Igape; os incrementos efectuaranse de mutuo acordo.

Os citados préstamos poderán ser subsidiados con suxeición ás seguintes,

CLÁUSULAS:

Cláusula 1ª.-Obxecto.

O presente convenio ten por obxecto defini-los termos de colaboración entre ********* e o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa finalidade de establecer liñas de financiamento subsidiado para as pequenas e medianas empresas, someténdose as partes na totalidade ó establecido no mencionado decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, no Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e orde da Consellería de Economía e Facenda do 26 de marzo de 1998 que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas, ás normas específicas contidas no presente convenio e ás que posteriormente se poidan dictar para o seu funcionamento operativo.

Cláusula 2ª.-Beneficiarios.

Poderán ser beneficiarias das axudas previstas no presente convenio aquelas empresas que teñan a consideración de pequenas e medianas (Pemes) conforme á definición establecida pola Unión Europea. Para os efectos do presente convenio, terá a consideración de PEME a unidade económica con personalidade física ou xurídica que reúna os seguintes requisitos:

a) Que teña menos de 250 traballadores,

b) Que teña ben un volume de negocios anual non superior a 40 millóns de ECUS, ou ben un balance xeral, activo total, non superior a 27 millóns de ECUS, e

c) Que o seu capital non estea participado en máis dun 25% por empresas que non cumpran os requisitos anteriores, salvo se estas son empresas públicas de investimento, empresas de capital risco ou, sempre que non se exerza o control, se son investidores institucionais.

Para os efectos da aplicación dos límites establecidos neste apartado, terase en conta o tipo de cambio do ECU vixente á data de sinatura do presente convenio.

No caso de que durante a vixencia deste convenio, a Unión Europea establecera unha definición de PEME diferente da anterior, será de aplicación para estes efectos a nova definición que se estableza.

Cláusula 3ª.-Ámbito territorial.

As empresas beneficiarias das axudas obxecto deste convenio deberán ter establecido o centro da súa actividade ou algún centro de traballo no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia. Non obstante o anterior, nos casos de axudas para investimentos que se van desenvolver no resto de España en actividades de comercialización, distribución, acordos tecnolóxicos e cooperación empresarial, non será necesario que o proxecto incentivado se desenvolva en Galicia sempre que, a xuízo do Igape, teña individual ou sectorialmente un interese estratéxico e exista unha vinculación directa ou complementariedade coa empresa ou centro de traballo establecido na devandita Comunidade Autónoma.

Cláusula 4ª.-Vixencia.

O presente convenio entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e a súa vixencia para a presentación de novas solicitudes de préstamo e subsidiación na entidade financeira, será ata o 15 de outubro de 1998. En consideración ás solicitudes presentadas e á capacidade orzamentaria para atendelas, o Igape poderá adianta-la data límite para a presentación de solicitudes na entidade financeira.

Cláusula 5ª.-Modalidade, destino e cofinanciamento das axudas.

1. Modalidade.

A axuda consistirá na subsidiación dos tipos de xuro dos préstamos concertados ó abeiro do presente convenio no marco xeral do decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, no Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, sobre incentivos para o desenvolvemento económico e fomento da actividade empresarial na Comunidade Autónoma de Galicia, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e orde da Consellería de Economía e Facenda do 26 de marzo de 1998 que modifica a do 18 de abril de 1996, pola que se establecen axudas para o financiamento das empresas galegas.

2. Destino.

Os préstamos subsidiados destinaranse ó financiamento de proxectos de investimento, consistentes na instalación, ampliación ou renovación de activos adquiridos a terceiros que repercutan directamente na capacidade de producción ou na productividade da empresa.

3. Cofinanciamento.

A axuda financeira concedida ó abeiro do presente convenio está cofinanciada con fondos FEDER.

Cláusula 6ª.-Actividades subvencionables.

Considéranse incentivables, de acordo co establecido no artigo 4 do Decreto 309/1995, do 23 de novembro, e no artigo 7 da Orde do 18 de abril de 1996, as actividades económicas relacionadas no anexo I de actividades subvencionables e preferentes.

Cláusula 7ª.-Conceptos de investimento subvencionable e materialización dos investimentos.

a) Os conceptos de investimento subvencionable serán os que se materialicen exclusivamente en:

* Inmobilizado material novo:

-Adquisición de terreos para a implantación do proxecto.

-Traídas e conexións de servicios.

-Urbanización e obras exteriores necesarias para o proxecto.

-Obra civil.

-Bens de equipo e unidades funcionais de explotación independente.

- Traballos e estudios de planificación, enxeñería de proxectos e dirección facultativa dos traballos.

-Outros investimentos en activos fixos materiais.

* Bens usados: unicamente en inmobles, sempre e cando o investimento neste concepto non supere o 50% do total do investimento subvencionable en inmobilizado material.

* Inmobilizado inmaterial: unicamente en aplicacións informáticas, propiedade industrial e propiedade intelectual, incluíndo os gastos de investigación e desenvolvemento (I+D).

Respecto ós activos anteriores, aplicarán as seguintes limitacións:

-O investimento inmobiliario non superará o 80% da totalidade do proxecto de investimento.

-O investimento inmaterial non superará o 20% da totalidade do proxecto de investimento.

O total do investimento subvencionable determinarase excluíndo o IVE e outros tributos do custo de adquisición.

Serán investimentos subvencionables os que se realicen ou realizasen con posterioridade ó 1 de

xaneiro de 1998, que cumpran co disposto neste convenio.

b) De entre os investimentos anteriores, poderán considerarse preferentes os destinados ás seguintes finalidades:

-A creación de novas empresas.

-A creación de redes de abastecemento, transporte, distribución e comercialización.

-A investigación técnica aplicada e a innovación e desenvolvemento.

-A adquisición de patentes e licencias de fabricación.

-Os investimentos en maquinaria e bens de equipo sempre que no subsector ó que pertenza o beneficiario non exista sobrecapacidade instalada.

c) Materialización dos investimentos: o beneficiario deberá mante-los investimentos obxecto de financiamento, acollidos ás axudas establecidas neste convenio, durante a vixencia do préstamo subsidiado e destinalas á finalidade declarada na solicitude, agás no caso de que os bens nos que se materialice o investimento sexan substituídos por outros de idéntica natureza e destino, non podendo obter para a súa adquisición ningún tipo de axuda do Igape.

Cláusula 8ª.-Caracterísiticas das operacións de préstamo.

1. Importe dos préstamos e porcentaxe de financiamento.

O importe máximo conxunto de préstamo ou préstamos subsidiables ó abeiro deste convenio para cada beneficiario será de 500 millóns de pesetas. Excepcionalmente, naqueles casos nos que o Igape o xulgue de especial interese socioeconómico, poderanse establecer importes de préstamo superiores e ata 750 millóns de pesetas.

O importe mínimo do préstamo será de 5 millóns de pesetas, en tanto que o investimento subvencionable non poderá ser inferior a 10 millóns de pesetas. Exceptúanse os proxectos de creación de empresas que obteñan o certificado de proxecto Lanza do programa Lanza do Igape, que poderán ser subvencionables aínda que o investimento e o préstamo non acaden os ditos mínimos, sempre que reúnan os restantes requisitos esixidos no presente convenio.

O importe do préstamo con dereito a subsidiación non poderá exceder do 70% do investimento subvencionable.

En ningún caso o importe do préstamo subsidiado superará o importe do investimento subvencionable pendente de pagamento na data de presentación da solicitude no Igape. Se a partir desta data fose necesario efectuar novos pagamentos por importe superior á parte non financiada co préstamo que se vai subsidiar, estes deberán facerse seguindo a operativa establecida na cláusula 9.4 deste convenio.

Cando o proxecto investidor pola súa contía, características e prazo de execución e pagamento se dilatase no tempo, poderase admiti-la formalización de varios préstamos sucesivos. Neste caso, a documentación que se esixirá en cada expediente coa salvidade do primeiro deles será, ademais do impreso de solicitude e a comunicación de concesión da entidade financeira, a certificación acreditativa do cumprimento de obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Xunta de Galicia.

2. Prazos de amortización e subsidiación.

Establécense as dúas seguintes modalidades de amortización do préstamo para elixir polo beneficiario:

a) 7 anos, incluídos 2 anos de carencia do principal.

b) 5 anos, incluído 1 ano de carencia do principal.

A subsidiación devengarase durante a vixencia da operación financeira, non podendo exceder en ningún caso dos 7 primeiros anos de vixencia dela.

Os períodos de amortización arriba sinalados comezarán a computarse a partir do primeiro día 15 do calendario inmediato á data de formalización do préstamo, polo que a vixencia de cada préstamo será superior polos días que se engaden no período irregular inicial e que se incluirán no período de carencia, non afectando isto ó prazo máximo de subsidiación que se establece no parágrafo precedente.

A amortización para o beneficiario será semestral, coincidindo coas datas de liquidación de xuros, unha vez finalizado o período de carencia.

-Nas operacións a tipo fixo, o beneficiario poderá optar por unha das dúas seguintes modalidades de amortización:

-Sistema francés, é dicir, que finalizado o período de carencia, os pagamentos serán de igual contía incluíndo amortización máis xuros.

-Sistema lineal, é dicir, a amortización será lineal en cotas de amortización constantes.

-Nas operacións a tipo variable, a amortización será lineal en cotas de amortización constantes.

A póliza ou escritura recollerá as datas e importes das cotas de amortización.

Non obstante, á vontade do prestatario, o préstamo poderá ser amortizado de forma anticipada, total ou parcialmente. As amortizacións deberán aplicarse proporcionalmente sobre cada unha das cotas de amortización restantes, sen que se produzan variacións no prazo de amortización do préstamo.

A entidade financeira deberá comunicar puntualmente as ditas amortizacións anticipadas e o novo calendario de amortización ó Igape e, en calquera caso, antes de presenta-la solicitude de cobro da liquidación semestral da subsidiación.

A penalización por amortización anticipada regulada polo ICO é a seguinte:

-Préstamos a tipo variable: 1% anual sobre os importes reembolsados por anticipado por tódolos días que falten ata o termo do período semestral de xuros en curso. Se a amortización anticipada coincide coa data de revisión do tipo, non haberá penalización ningunha.

-Préstamos a tipo fixo: un máximo do 2,5% sobre as cantidades reembolsadas anticipadamente.

Se o préstamo fora obxecto de subsidiación de xuros, coa condición da súa aplicación a amortización anticipada do principal do préstamo, non se aplicará a penalización por amortización anticipada.

3. Tipos de xuro, axuda financeira, comisións, intervención das SGR.

3.1. Tipos de xuro expresado en taxa anual equivalente (TAE).

O tipo de xuro da operación, en función da modalidade da cesión de fondos ICO elixida, poderá ser:

-Tipo de xuro variable (en termos TAE): inicialmente será o que se obteña de sumar ó tipo de cesión do ICO, a marxe de intermediación da entidade financeira prestamista de ata 1,25 puntos porcentuais de xuro. O tipo de xuro anterior revisarase cada semestre de acordo co sistema elixido, ben ó tipo de cesión do ICO ó que se aplicará a marxe de intermediación da entidade financeira de ata 1,25 puntos porcentuais de xuro, ben ós tipos de xuro establecidos pola entidade financeira prestamista nos contratos de préstamo con base exclusivamente no MIBOR a 6 meses (TAE) coas súas propias referencias e datas de revisión, máis ata 0,50 puntos porcentuais.

-Tipo de xuro fixo durante tódala vida do préstamo (en termos TAE): será o que se obteña de sumar ó tipo de cesión do ICO a marxe de intermediación da entidade financeira prestamista de ata 1,25 puntos porcentuais de xuro.

O ICO comunicará para cada quincena, ás entidades financeiras, o tipo de partida ICO, que, diminuído en 0,75 puntos porcentuais, determinará o tipo de cesión ó que se fai referencia nos parágrafos anteriores que, incrementado na marxe da entidade financeira, será o que se deba aplicar ós préstamos que se formalicen nesa quincena.

Enténdese por MIBOR, ben a definición sinalada na terceira cláusula do contrato de financiamento asinado entre o ICO e as entidades financeiras o 17 de decembro de 1997, ben a recollida no segundo parágrafo da cláusula quinta do dito contrato.

As condicións financeiras sinaladas anteriormente corresponderán ó financiamento de proxectos que se realicen en zona FEDER Obxectivo 1. Para aquelas solicitudes de empresas que realicen investimentos no resto de España as condicións financeiras serán as sinaladas na cláusula 3ª do contrato de

financiamento subscrito entre o ICO e as entidades financeiras o 17 de decembro de 1997.

De acordo co mencionado contrato de financiamento, aquelas empresas que realicen os seus investimentos en rexións cualificadas pola normativa de fondos estructurais da Comunidade Europea como Obxectivo 1 e que reúnan as características establecidas pola Comisión Europea no convenio de subvención global asinado polo ICO, serán susceptibles de obter unha bonificación adicional de 1,75 puntos de xuro. Está previsto que a subvención do FEDER se pagará dunha soa vez, cando este organismo faga o libramento de fondos, e aplicarase para reduci-lo principal do préstamo recalculándose linealmente as cotas de amortización sen varia-lo prazo. Neste caso non se aplicará a penalización por reembolso anticipado que se menciona na cláusula 8.2.; en todo caso, a operativa estará suxeita ás normas de funcionamento entre o ICO-FEDER.

3.2. Axuda financeira do Igape.

A subsidiación non superará por tódolos conceptos os 4 puntos, agás para aqueles préstamos que aporten aval de sociedade de garantía recíproca (SGR), neste caso poderanse acada-los 5 puntos.

Os criterios utilizados para a determinación dos puntos de subsidiación serán:

-Por actividade cualificada como subvencionable, tendo en conta ademais, se se trata de empresas de nova creación, a creación de emprego que o proxecto supoña, a incorporación de tecnoloxía avanzada, a utilización de materias primas autóctonas, o valor engadido que se xere, a orientación da producción cara á exportación, a adaptación ou mellora medioambiental: ata 2 puntos.

-Por actividade cualificada como preferente, tendo en conta ademais, se se trata de empresas de nova creación, a creación de emprego que o proxecto supoña, a incorporación de tecnoloxía avanzada, a utilización de materias primas autóctonas, o valor engadido que se xere, a orientación da producción cara á exportación, a adaptación ou mellora medioambiental: ata 3 puntos.

-Por localización preferente do proxecto investidor, de acordo co artigo 8 da Orde do 18 de abril: ata 1 punto.

Para os efectos deste convenio, consideraranse zonas especialmente desfavorecidas, de acordo co disposto no artigo 8 b) da Orde do 18 de abril, aqueles municipios nos que existe un abandono de poboación superior ó 15%, e que se incorporan ó presente convenio como anexo II.

-Por investimentos preferentes, de acordo co artigo 9.3º da Orde do 18 de abril: ata 1 punto.

-Por asociación empresarial, de acordo co disposto no artigo 9º.4.l) da Orde do 18 de abril: ata 2 puntos.

-Por aval dunha sociedade de garantía recíproca (SGR): ata 1 punto.

No caso de que a un proxecto lle correspondese polos conceptos anteriores unha puntuación superior a 4 puntos ou, no caso de ter aval de SGR, a 5 puntos, reducirase proporcionalmente a puntuación por cada un dos conceptos devanditos que computen ata acada-la puntuación máxima arriba sinalada.

3.3. Comisións.

O tipo de xuro é TAE e as entidades financeiras non poden cobrar ningunha cantidade en concepto de comisión de apertura, gastos de estudio e comisión de dispoñibilidade.

3.4. Intervención das SGR.

No caso de que a operación de préstamo estea avalada por unha SGR que subscriba este convenio, o tipo de xuro indicado no apartado 8.3.1. rebaixarase en 0,75 puntos. Estas sociedades poderán percibir polo importe do aval que presten unha comisión máxima anual do 1% sobre os saldos máximos garantidos cada ano; a dita comisión será integramente subvencionada polo Igape.

3.5. Xuro nominal neto mínimo.

-Para préstamos con tipo de xuro variable:

As variacións á alza do tipo de xuro serán a cargo exclusivamente dos beneficiarios, é dicir, non provocarán ningunha variación nos puntos de subsidiación.

O tipo de xuro do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación non poderá ser inferior ó 3%; neste caso limitarase a subsidiación ata o citado tipo resultante.

-Para préstamos con tipo de xuro fixo: o tipo de xuro do préstamo resultante para o beneficiario, é dicir, o nominal menos os puntos de subsidiación, non poderá ser inferior ó 3%.

Non obstante, no caso de préstamos a tipo de xuro fixo ou variable que financien proxectos de investimento que sexan preferentes por localización ou actividade e que creen emprego neto, o citado tipo mínimo non poderá ser inferior ó 2%.

Cláusula 9ª.-Tramitación.

1. Modelo de solicitude e documentación.

A solicitude que se presente deberase corresponder co modelo normalizado que para o efecto distribuirase e dará publicidade a través das entidades financeiras e do Diario Oficial de Galicia.

Ademais desta solicitude, incluirase a seguinte documentación por duplicado:

1) Documentación acreditativa das circunstancias persoais do solicitante:

Persoas físicas:

* Fotocopia do DNI/NIF.

Persoas xurídicas:

* Fotocopia do CIF.

* Certificación dos administradores ou do secretario do consello de administración, co visto e prace do presidente, na que figure: a data de constitución da sociedade e os datos de inscrición no Rexistro Mercantil (folla, folio, sección, libro, rexistro), a composición actual do consello, o detalle de accionistas con participación superior ó 10%, con indicación do nome ou razón social e da porcentaxe de participación; o número de traballadores, o volume de negocios anual e o activo total correspondente á data do último exercicio pechado.

* No caso de solicitudes que sexan de empresas participadas por sociedades en porcentaxe superior ó 25%, deberán presentar certificación das sociedades accionistas, emitida por representante con poder bastante, na que figure o seu número de traballadores, o volume de negocios anual e o activo total correspondente á data do último exercicio pechado.

* A documentación relativa á copia da escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no Rexistro Mercantil e a acreditación do poder de representación do asinante da solicitude estará ó dispor do Igape na entidade financeira durante o prazo legalmente establecido, non sendo, polo tanto, necesario xuntala ó expediente de solicitude.

2) Fotocopia do último recibo pagado polo imposto de actividades económicas. No caso de empresas de nova constitución ou de empresas en funcionamento que vaian iniciar unha actividade distinta da que veñen desenvolvendo, deberán presentar fotocopia da alta no IAE ou compromiso firme de remitir a este instituto fotocopia da alta no imposto, indicando o seu epígrafe.

3) Memoria descritiva do investimento proxectado, indicando expresamente que se trata de investimentos realizados ou para realizar a partir do 1 de xaneiro de 1998, que deberá conter:

* Emprazamento ou lugar onde se realizan.

* Orzamento detallado e valorado (excluído o IVE), partida a partida, dos investimentos en inmobilizado material novo, bens usados e en inmobilizado inmaterial, na orde establecida no impreso de solicitude.

* No caso de que parte do investimento estea pagado, deberán indicar no detalle anterior qué partidas están pagadas ou cal é a parte pagada de cada unha das partidas (excluído o IVE). Se non estivese pagada ningunha delas deberá indicarse expresamente que está na súa totalidade pendente de pagamento.

* Esta memoria deberá estar datada e asinada polo solicitante e selada pola entidade financeira, debendo quedar unha copia dela no expediente da entidade colaboradora.

3.1) Para aqueles proxectos nos que estea prevista a realización de obras e construccións, deberán xuntar fotocopia da solicitude da licencia de obra ou

da licencia definitiva expedida polo concello. Así mesmo, para o caso de pequenas reformas, deberanse achega-los seus planos e se se trata de novas construccións, achegarase o anteproxecto, asinado por técnico competente.

3.2) Cando a adquisición se produza entre persoas ou entidades vinculadas segundo a definición contida na normativa do imposto sobre sociedades, será preciso achegar unha valoración subscrita por firma de taxación independente.

4) Nas solicitudes de axuda dun proxecto que implique a creación de emprego por conta allea: declaración xurada do número de postos de traballo que se van crear e fotocopia do último TC1 e TC2; e no caso de que o número de traballadores que figuran neles non coincida co número actual de traballadores no momento da solicitude e que figuran nela, certificación emitida polo solitante do número de traballadores dados de baixa/alta e aclaración á diferencia sinalada.

5) Declaración xurada doutras axudas solicitadas para o mesmo proxecto especificando o organismo ó que a solicitou, normativa legal que a ampara, data de presentación, contía solicitada, situación administrativa e, se é o caso, importe concedido.

6) Certificado de estar ó día nas obrigas fiscais e da Seguridade Social, emitidos polos organismos competentes.

7) Certificación acreditativa de que o beneficiario non ten contraída débeda ningunha coa Xunta de Galicia.

8) Os proxectos que soliciten préstamos superiores ós 500 millóns de pesetas deberán presentar unha memoria dos antecedentes da empresa ou dos seus promotores, a razón que aconsella a realización do proxecto e estudio de viabilidade asinado polo solicitante.

En calquera caso, cantos outros documentos e información adicional que se considere oportuna, a xuízo do Igape, para os efectos dunha correcta análise da solicitude.

2. Presentación das solicitudes.

As solicitudes presentaranse nas entidades financeiras segundo o modelo oficial xa citado, achegando orixinal e catro copias, xunto coa documentación, por duplicado, que se sinala no epígrafe anterior.

Coa presentación da instancia de solicitude, as empresas que se acollan ás axudas establecidas no presente convenio apoderan á entidade financeira para a realización ante o Igape de todos aqueles trámites en que así se prevexa. A este respecto, o Igape considerará a actuación da entidade financeira como se fose propia da empresa solicitante.

A entidade financeira datará e selará os cinco exemplares, entregando ó solicitante a cuarta copia,

quedando coa 3ª copia e remitindo ó Igape o orixinal e a 1ª copia e á consellería sectorial por razón da materia a 2ª copia. Así mesmo, deberá centraliza-la recepción das solicitudes, unha vez seladas polas súas distintas sucursais, tendo un prazo de 30 días para resolve-la petición de préstamo, sendo o prazo límite para a aceptación de solicitudes na dita entidade o 15 de outubro de 1998.

As entidades financeiras deberán presentar no rexistro xeral do Igape os expedientes coa documentación completa, coa excepción sinalada no derradeiro parágrafo do apartado 1) da cláusula 9.1., xunto coa da concesión do préstamo segundo o modelo que se xunta (anexo III) e do aval da SGR, se é o caso. O último día hábil para a súa presentación será o 13 de novembro de 1998, debendo presentar, ademais un exemplar dos expedientes na consellería sectorial por razón da materia. Aquelas solicitudes que se presenten fóra deste prazo, arquivaranse sen máis trámite, asumindo a entidade de crédito toda a responsabilidade polos prexuízos que iso poida supoñer á empresa solicitante.

A presentación dos expedientes no Igape deberá realizarse mediante escrito no que se relacionen os expedientes que se xuntan (número, nome e importe), indicando a que Consellería sectorial remitiron a segunda copia.

No caso de operacións avaladas por unha SGR, estas poderán tramitar directamente as solicitudes e a documentación, tanto ó Igape como á consellería sectorial, sempre e cando veñan acompañadas da comunicación de concesión do préstamo pola entidade financeira e pola certificación de concesión do aval.

As solicitudes presentadas por sociedades civís ou comunidades de bens, deberanse tramitar a nome dos titulares que formalizarán o préstamo, seguido da denominación da sociedade civil ou comunidade de bens.

O Igape reclamará á entidade financeira e ó interesado aqueles documentos preceptivos que deben xuntar á solicitude, debendo presentarse estes no prazo improrrogable de 15 días hábiles a partir da data de notificación ó interesado, transcorrido este procederase ó arquivo do expediente sen máis trámite. Ademais poderá solicita-los datos adicionais que coide convenientes para precisa-lo contido ou alcance do proxecto investidor.

3. Concesión.

O Igape resolverá sobre a concesión ou denegación das axudas no prazo máximo de catro meses desde a recepción da solicitude. As solicitudes de axuda que non fosen resoltas no dito prazo poderanse considerar desestimadas.

O Igape notificará ó solicitante e comunicará á entidade financeira e á SGR, se é o caso, a concesión ou denegación da subsidiación. O beneficiario previamente á formalización ou adaptación do préstamo

deberá aceptar expresamente a resolución de concesión. A aceptación formalizarase na copia da resolución que para tal efecto se remitirá xunto coa resolución de concesión e que deberá ser devolta ó Igape debidamente cuberta.

4. Formalización.

A entidade financeira e o solicitante deberán formaliza-lo préstamo mediante escritura pública ou póliza intervida por corredor de comercio colexiado, de acordo coas seguintes condicións:

A partir da entrada en vigor deste convenio e respectando as condicións e requisitos establecidos nel, a entidade financeira, unha vez presentado o expediente de solicitude no Igape, poderá formaliza-los préstamos cos seus clientes. Para iso, deberá remitir escrito, segundo modelo que se xunta (anexo IV), manifestando a intención de acollerse a esta opción co obxecto de que, con anterioridade á data de formalización prevista, este instituto analice e cuantifique o investimento subvencionable e o importe do préstamo que se vai subsidiar. O Igape comunicará mediante fax á entidade financeira a autorización, se é o caso, á dita formalización. A empresa solicitante requirirá á entidade financeira copia da autorización do Igape antes de proceder á formalización do préstamo.

A autorización á formalización do préstamo antes da resolución de concesión non implica o recoñecemento de ningún dereito ou cualificación do expediente respecto á concesión da subsidiación solicitada.

Unha vez comunicada a resolución de concesión do Igape, deberán incluír un anexo á póliza de préstamo, intervido por fedatario público, no que se faga consta-las características establecidas na devandita resolución.

Se o préstamo se formaliza con posterioridade á data de notificación da resolución de concesión, deberá recolle-la característica de estar acollido a este convenio e a este programa (clave I-1/98), e nel estableceranse claramente o tipo de xuro da operación e, se é o caso, o sistema de variación para os próximos exercicios, así como os puntos de subsidiación concedidos e o tipo de xuro mínimo para o beneficiario.

O prazo máximo para a formalización do préstamo ou, se é o caso, a adaptación da póliza ás condicións da resolución de concesión, a partir da data de notificación da concesión ó beneficiario, será de cinco meses. Transcorrido o dito prazo entenderase ó beneficiario decaído nos seus dereitos, agás que, logo de solicitude razoada de este presentada no Igape dentro do prazo e acreditando a conformidade da entidade financeira, o Igape teña autorizado a dita prórroga.

A entidade financeira enviará, coa maior brevidade, unha fotocopia da póliza ou escritura de préstamo e, se é o caso, do correspondente anexo, ó

Igape e, en calquera caso antes de presenta-la primeira certificación de xustificación de investimentos.

5. Disposición.

Os beneficiarios das axudas deberán xustificar á entidade financeira, cando dispoñan dos fondos da operación financeira subsidiada, a súa aplicación ás finalidades para as que foi concedida.

O período de disposición do préstamo e de realización dos investimentos non poderá abarcar un prazo superior a un ano a partir da data de formalización do préstamo e nunca poderá supera-la data da primeira amortización.

Cando se formalice o formalización do préstamo, ou en todo caso previamente á utilización dos fondos, a entidade financeira requirirá ós beneficiarios a documentación (facturas, contratos, certificacións de obra, etc.) que acredite a execución do investimento subvencionable pagado e pendente de pagamento. A disposición de fondos irá destinada ós pagamentos pendentes do investimento. Non se establece restricción en canto ó número de disposicións, así como á contía correspondente a cada unha delas, sempre que o importe no seu conxunto non exceda da porcentaxe -préstamo subvencionado/investimento subvencionado- segundo a resolución de concesión.

Unha vez formalizado o préstamo, as disposicións realizaranse a través dunha conta específica na que se reflectirán única e exclusivamente os movementos habidos neste.

A entidade financeira deberá conservar copias cotexadas dos documentos que xustifiquen o investimento total subvencionado, así como dos medios utilizados para o seu pagamento, enviando esta documentación acompañada do extracto da conta específica ó Igape, cando practiquen a primeira e, se é o caso, a segunda xustificación do investimento.

6. Incidencias.

a) Cambio de titularidade da axuda financeira: os activos nos que se materialice o investimento deberán manterse durante a vixencia do préstamo. Poderase solicita-lo cambio de titularidade da axuda financeira naquelas operacións xa formalizadas, nos casos de transformación de empresas individuais en sociedades e nos de modificación da forma da sociedade, sempre que se recolla na escritura o traspaso da totalidade dos dereitos e obrigas, comprometido no proxecto subvencionado, se é o caso; nos casos de fusión e absorción de sociedades procederase de maneira análoga. A citada documentación deberá ser enviada a través da entidade financeira ó Igape, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio de titularidade da axuda.

Tamén se considerará que cumpre esta condición se os bens financiados son substituídos por outros da mesma natureza e destino, non podendo obter ningún tipo de axuda financeira para estes.

b) Cambio de entidade financeira: naquelas axudas concedidas nas que o titular solicite a formalización do préstamo noutra entidade financeira colaboradora distinta da que tramitase a solicitude, deberá solicita-lo cambio de entidade financeira a través da nova entidade prestamista, e xuntará nova comunicación de concesión do préstamo e declaración xurada de que non existe variación na documentación do expediente, enviando toda esa documentación ó Igape, para que se proceda, se é o caso, á autorización do cambio solicitado.

c) Modificación dos plans de investimento: poderá aceptarse sempre que non supoña un cambio na natureza do ben nin se desvirtue o proxecto. Se o cambio supón variacións totais na contía do investimento subvencionable deberá solicitarse a dita modificación, a través da entidade financeira, previamente á formalización do préstamo ou, en todo caso, á utilización dos fondos, ante o Igape, e xuntará unha memoria explicativa do cambio. Só se aceptarán modificacións que impliquen unha reducción da contía do investimento, podendo o Igape, no caso de autoriza-la modificación solicitada, acomoda-la contía do préstamo subvencionable á porcentaxe máxima de financiamento sinalada na cláusula 8ª. Nos casos de préstamos xa formalizados e dispostos, acomodarase o importe do préstamo subvencionable, rebaixándoo proporcionalmente á reducción do investimento subvencionable, igual que nos casos de incumprimento parcial.

Nos préstamos nos que proceda unha reducción na súa contía, esta efectuarase mediante amortización anticipada, aplicándose proporcionalmente sobre cada unha das cotas de amortización restantes, sen que se produzan variacións sobre o prazo de amortización do préstamo.

O procedemento e documentación que se xuntará á solicitude será o mesmo que no caso anterior.

O resto das incidencias que se producisen poderanse admitir despois da solicitude do interesado coa conformidade da entidade financeira, sempre que estean xustificadas e non desvirtúen a finalidade da subsidiación.

Cláusula 10ª.-Liquidación.

a) Liquidación de xuros.

A liquidación da cota de xuro por parte da entidade financeira ó beneficiario efectuarase, o mesmo que as amortizacións, semestralmente.

Para préstamos a xuro fixo, o devengo de xuros será por días comerciais, con liquidacións semestrais que comezarán a computarse desde o primeiro día 15 inmediato posterior á data de formalización. Por conseguinte, o primeiro período de liquidación de xuros será irregular e igual ou superior a 6 meses polos días que transcorran desde a data de formalización ata o primeiro día 15.

Para préstamos a tipo de xuro variable, o devengo de xuros será por días naturais, base 365, e a súa

liquidación será por períodos semestrais que comezarán a computarse a partir do primeiro día 15 inmediato posterior á data de formalización. Por conseguinte, o primeiro período de liquidación de xuros será irregular e igual ou superior a 6 meses polos días que transcorran desde a data de formalización ata o primeiro día 15.

b) Liquidación da subsidiación.

O cálculo da subsidiación será realizado por parte da entidade financeira por períodos semestrais que remitirán ó Igape segundo o procedemento establecido na cláusula 11ª.

En tanto non estean presentadas as certificacións de xustificación de investimentos, pola totalidade do investimento, as liquidacións calcularanse sobre o importe do préstamo que corresponda ó investimento xustificado coa matización do parágrafo seguinte. A partir da xustificación total do investimento, as posteriores liquidacións da subsidiación realizaranse sobre o saldo vivo teórico do préstamo.

A xustificación do investimento realizarase a través de certificacións de xustificación de investimentos emitidas pola entidade financeira, podéndose realizar como máximo dúas certificacións. A primeira deberá acadar como mínimo o 50% do investimento subvencionable. Se se realiza unha segunda, esta terá que ser complementaria da primeira ata a xustificación total do investimento.

A entidade financeira esixirá ós beneficiarios copias cotexadas dos documentos que xustifiquen a realización do investimento subvencionable así coma os documentos xustificativos do pagamento, que remitirán ó Igape coas ditas certificacións de xustificación de investimentos.

As certificacións de xustificación de investimentos que cubrirá pola entidade financeira conterán, polo menos, os datos do importe do investimento subvencionable xustificado e a porcentaxe que representan repecto da totalidade do investimento aprobado; a parte do préstamo disposto utilizado para o pagamento do investimento xustificado; a data valor da xustificación do investimento, que se define como a última data do pagamento do investimento xustificado na certificación; indicación de se se trata da primeira, única ou segunda e complementaria. Neste último caso deberán reflectirse os datos sinalados anteriormente, correspondentes á primeira certificación e a data na que esta foi presentada, así coma o resumo total do investimento xustificado e o importe disposto do préstamo e as porcentaxes correspondentes entre investimento xustificado e préstamo disposto.

No caso de que na única ou última certificación de xustificación de investimentos non se acade o 100% do investimento subvencionable aprobado na resolución, deberá achegar, a entidade financeira,

unha solicitude de modificación da resolución, asinada polo empresario, para adapta la ó proxecto realizado e xustificado.

Para o cálculo da subsidiación tomarase como data inicial a data valor de xustificación de investimentos que figura na certificación de xustificación de investimentos emitida pola entidade financeira e os puntos subsidiados aplicaranse ó importe do préstamo disposto que corresponda ó investimento xustificado, de acordo coa ratio -préstamo subsidiado/investimento aprobado-determinada na resolución de concesión; unha vez xustificado a totalidade do investimento, as posteriores liquidacións de subsidiación realizaranse sobre o saldo vivo teórico do préstamo.

No caso de que o préstamo fose formalizado con anterioridade a concesión, conforme o disposto no primeiro parágrafo da cláusula 9.4 anterior, a data valor da xustificación do investimento non poderá ser anterior á data da resolución.

O devengo da subsidiación será por días comerciais para préstamos a tipo de xuro fixo e por días naturais para préstamos a tipo de xuro variable. O primeiro período de liquidación da subsidiación será irregular e computarase polos días transcorridos desde a data de inicio da subsidiación ata o vencemento do semestre que se liquida.

O prazo máximo para remitiren as entidades financeiras as certificacións de xustificación de investimentos, será de 4 meses, contados a partir da data de remate do período de disposición, podendo o Igape conceder prórroga por solicitude razoada do empresario, tramitada a través da entidade financeira.

Cláusula 11ª.-Pagamento da subsidiación.

O pagamento da subsidiación ós beneficiarios realizarase semestralmente a través da entidade financeira prestamista.

As entidades financeiras solicitarán ó Igape o pagamento da subsidiación dentro dos 5 primeiros días do trimestre natural seguinte ó que corresponde a liquidación. Xuntarán á dita solicitude as liquidacións semestrais en formato de listaxes ou relacións individualizadas dos préstamos ordenados alfabeticamente, onde figurarán os seguintes datos:

O capital vivo teórico na data de inicio do semestre que se liquida; as variacións no capital vivo que se producisen ó longo do semestre e a data na que se produciron e naqueles préstamos nos que se teñan presentado nese semestre certificacións de xustificación de investimentos, o importe do préstamo disposto con dereito a subvención e a data valor; o tipo de xuro; os puntos obxecto de subsidiación e o importe da subvención que corresponde, certificando a autenticidade deses datos.

O beneficiario do préstamo subsidiado pagará ó seu vencemento o tipo de xuro total da operación,

segundo o establecido na cláusula 8.3.1. deste convenio, debendo a entidade financeira aboa-la subsidiación ó beneficiario na mesma data valor na que o Igape a ingrese na dita entidade.

As liquidacións practicadas serán a conta e provisionais, en tanto o Igape non realice a oportuna comprobación, que poderá efectuarse durante o período de vixencia do préstamo. Nos casos de erros nas liquidacións de subsidiación, o Igape procederá á súa corrección, podendo compensa-las cantidades indebidamente aboadas coas posteriores liquidacións de subsidiación.

Con independencia do sistema de pagamento da subsidiación establecido con anterioridade e, unha vez verificado por este instituto o cumprimento das finalidades para as que foi concedida a subsidiación, o Igape reserva que si a facultade de pagar anticipadamente a subsidiación. O importe da liquidación anticipada destinarase á amortización do principal do préstamo.

O importe da subvención anticipada será o valor actualizado ó tipo de xuro legal do diñeiro das cantidades que se devengarían no concepto de subvención durante o período non vencido, aplicando os puntos de subsidiación de acordo co establecido na cláusula 8.3.5 para o momento do cálculo.

Cláusula 12ª.-Proxectos e operacións especiais.

Dentro dos programas e fins establecidos no Decreto 309/1995, do 23 de novembro, na Orde do 18 de abril de 1996 e neste convenio, nos casos de proxectos e operacións que pola súa natureza e contía requiran prazos de realización, disposicións financeiras, sindicación de créditos e outros que superen os límites establecidos neste convenio, poderase establecer un tratamento individualizado, no referente ó condicionado xeral.

Cláusula 13ª.-Perda da subvención.

1. No caso de reclamación xudicial por instancia da entidade financeira polo incumprimento do contrato de préstamo e nos de suspensión de pagamentos ou quebra do beneficiario, perderase o dereito á subsidiación ó tipo de xuro desde a data de presentación da reclamación ou da aceptación das anteriores declaracións no xulgado. Igualmente perderase o dereito á subsidiación no caso de cesamento da actividade subvencionable desde a data da baixa.

2. Procederase ó reintegro total ou parcial das cantidades percibidas e á esixencia de xuros de demora desde o devengo de calquera pagamento con cargo á subvención concedida, nos seguintes casos:

a) Incumprimento da obriga de xustificación.

b) Obte-la subvención sen reuni-las condicións requiridas para iso.

c) Incumpri-la finalidade para a que foi concedida a subvención.

d) Incumpri-las condicións impostas ó beneficiario con motivo da concesión da subvención.

Tratándose de condicións referentes á contía do investimento, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ó investimento non practicado ou practicado indebidamente. Se o incumprimento superara o 50% do investimento ó que se obrigase o beneficiario, poderá entenderse que o dito incumprimento é total, debendo reintegrarse tódalas cantidades percibidas.

Se o incumprimento derivara da inobservancia dalgunha outra condición ou suposto distinto, o seu alcance será determinado en función do grao e da entidade da condición incumprida, sempre e cando quede salvagardado o plan de viabilidade que, se é o caso, se presentara.

A concorrencia de distintas causas de incumprimento dará lugar á súa apreciación conxunta.

As cantidades que se reintegrarán terán a consideración de ingresos de dereito público, sendo, se é o caso, de aplicación para o seu recobro a vía de constrinximento.

3. Así mesmo, o Igape poderá esixi-las correspondentes responsabilidades ás partes implicadas nos convenios de colaboración, no caso de actuación con neglixencia grave ou dolo, en detrimento do cumprimento das finalidades destas subvencións.

A entidade financeira queda obrigada a comunicar ó Igape a relación detallada das operacións obxecto de reclamación xudicial e ás que incorran en quebra ou suspensión de pagamentos con indicación da data de presentación ou aceptación no xulgado.

Cláusula 14ª.-Compatibilidade.

Non poderán acollerse ás axudas establecidas neste convenio aqueles proxectos que se vaian financiar, en todo ou en parte, mediante créditos ou préstamos que teñan calquera tipo de subvención encamiñada a mellora-las condicións financeiras respecto ás normais do mercado.

A concesión das axudas deste convenio queda suxeita ó cumprimento da normativa vixente e, en especial, á da Unión Europea. Nos ditos termos serán compatibles con calquera outra axuda pública, pero en ningún caso, illadamente ou en concorrencia con outras, poderán supera-los límites establecidos pola Unión Europea.

En todo caso serán de aplicación os límites de axudas previstos no artigo 7.2.a) do Decreto 309/1995, do 23 de novembro.

Para o cálculo da intensidade da axuda de subvención ó tipo de xuro procederase do seguinte xeito:

-Calcularanse en pesetas correntes os valores absolutos das subvencións que se van percibir.

-Actualizaranse, ó ano da concesión das axudas, os valores absolutos obtidos anteriormente, utilizando como taxa de actualización o tipo de xuro legal do diñeiro.

Cláusula 15ª.-Responsabilidade subsidiaria.

A entidade financeira que asina o presente convenio comprométese a responder subsidiariamente co beneficiario da devolución e pagamento do importe das subvencións indebidamente percibidas, cando se cumpran os seguintes supostos:

a) Cando por neglixencia grave ou dolo da entidade financeira que asina este convenio se permitira dispor indebidamente dos fondos da conta restrinxida do préstamo, sen presentación por parte dos beneficiarios dos correspondentes xustificantes, ou ben estes se refiran de xeito claro e manifesto a bens substancialmente distintos ós incluídos no proxecto de investimento.

b) Que do uso indebido da conta se derivase un emprego de fondos distinto das finalidades previstas nestas axudas ás pequenas e medianas empresas, e iso dese lugar a unha resolución administrativa firme de obriga de devolución das subvencións indebidamente percibidas.

Non se considerarán nos supostos anteriores os simples erros materiais ou aritméticos, nos que non interveña culpa nin dolo.

Cláusula 16ª.-Normas operativas.

As entidades financeiras asinantes comprométense a acatar e cumprir cantas normas de carácter operativo dicten o Igape para a mellor administración e control das operacións incluídas no convenio.

Cláusula 17ª.-Información e inspección.

O Igape por medio dos seus propios órganos, poderá solicitar das entidades financeiras aclaracións á documentación que deberán enviar unha vez realizada a disposición total do préstamo e que se sinala na cláusula 9.5 e ó longo de toda a vixencia do préstamo.

Igualmente poderá solicitar das SGR a remisión da documentación que acredite a execución do investimento, correspondente ós beneficiarios ós que prestase o seu aval.

O Igape poderá proceder á inspección directa dos investimentos que realicen os beneficiarios destas axudas.

Cláusula 18ª.-Denuncia do convenio.

Será causa suficiente para a denuncia do presente convenio o incumprimento por unha das partes de calquera das súas cláusulas.

A denuncia, que deberá facerse con 30 días de aviso previo, suporá en todo caso deixar atendidas fronte ós beneficiarios as obrigas xa legalmente contraídas polas dúas partes.

Cláusula 19ª.-Compromiso das entidades financeiras.

1. A entidade financeira que subscribe o presente convenio comprométese a concede-los préstamos nos termos e condicións establecidos neste convenio, no Decreto 309/1995, do 23 de novembro e Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, na orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e orde da Consellería de Economía e Facenda do 26 de marzo de 1998 que modifica a do 18 de abril de 1996.

A entidade financeira, antes do 19 de setembro de 1998, enviará por escrito ó Igape, referido á data do último día hábil do mes de agosto, a relación de peticionarios por cada un dos programas deste convenio, ós que lles foron concedidos préstamos, engadindo, se é o caso, unha relación da solicitudes que estean en trámite. Na comunicación, para o caso das solicitudes aprobadas, deberá facerse consta-lo número de expediente e importe concedido. Unha relación similar deberá enviarse ó Igape antes do 21 de outubro de 1998 referida ó 15 de outubro de 1998.

2. A entidade asinante comprométese igualmente a non conceder sen a autorización do Igape préstamos acollidos ó presente convenio por unha contía superior a **** millóns de pesetas.

Así mesmo, a entidade financeira asinante comprométese a respectar, segundo o establecido no artigo 11 da Orde do 18 de abril de 1996 e orde da Consellería de Economía e Facenda do 26 de marzo de 1998 que modifica a do 18 de abril de 1996, as proporcións fixadas no dito artigo do 40% (*** millóns de pesetas) para actividades subvencionables e do 60% (*** millóns de pesetas) para actividades, localización ou investimentos preferentes sobre a cota asignada de **** millóns de pesetas conxuntamente para este convenio e para o convenio Igape-entidades financeiras.

3. Por outra parte, a entidade asinante comprométese a cumpri-los prazos e as formalidades establecidas neste convenio respecto á tramitación dos expedientes de subsidiación e a manter a disposición do Igape, durante o prazo legalmente establecido, a documentación sinalada no derradeiro parágrafo do apartado 1) da cláusula 9.1.

Cláusula 20ª.-Seguimento do convenio.

O seguimento do convenio realizarase a través dunha comisión de vixilancia e seguimento, integrada

polas entidades financeiras, as SGR, ICO e representates do Igape que terán reunións con periodicidade trimestral, ou ben convocando separadamente a cada unha delas.

O Igape fará públicos os resultados do convenio de forma periódica.

Cláusula 21ª.-Publicidade.

As entidades financeiras asinantes comprométense a amosar, nas súas distintas sucursais, a publicidade facilitada polo Igape e a colaborar na axeitada difusión desta liña de axudas.

Para o obxecto de lograr maior coordinación, os proxectos e campañas publicitarias que, se é o caso, realicen as entidades financeiras sobre este convenio, deberán contar co visto e prace previo do Igape.

Cláusula 22ª.-Natureza

O presente convenio ten natureza administrativa correspondendo ó Igape a interpretación do seu contido.

Cláusula adicional.

Se durante a vixencia deste convenio se esgotasen os fondos da liña Pemes-ICO, as solicitudes de préstamo subsidiado presentadas ó abeiro do presente convenio que se atopen pendentes de resolución ou que, estando xa resoltas, non se formalizase o préstamo, poderán ser atendidas a través do programa de investimentos do convenio de apoio financeiro ás Pemes subscrito entre o Igape e as entidades financeiras, sempre que exista dotación orzamentaria no dito programa.

Para isto, o interesado deberá solicitalo a través da entidade financeira, que remitirá a súa solicitude ó Igape xunto cunha nova comunicación de concesión do préstamo adecuada ás condicións financeiras no convenio Igape-entidades financeiras.

O Igape resolverá as solicitudes así presentadas de acordo co convenio Igape-entidades financeiras e, se é o caso, adaptará a resolución de concesión xa dictada ás novas condicións do dito convenio.

Non obstante o anterior, aquelas solicitudes de préstamo subsidiado presentadas ó abeiro deste convenio que, estando xa resoltas, non se formalizasen por esgotarse os fondos da liña Pemes 98 do ICO e que non fosen reconducidas ó convenio Igape-entidades financeiras, poderán formalizarse con fondos da nova liña Pemes 99 do ICO, no caso de que as condicións financeiras desta nova liña non sufrisen variación. No caso de que sufrisen variación,

o interesado deberá solicitar ó Igape, a través da entidade financeira, modificación da resolución de concesión co obxecto de adaptala ás novas condicións que se establezan.

Aquelas operacións resoltas e pendentes de formalizar ó abeiro do convenio Igape-Ico-entidades financeiras 97, poderán formalizarse con fondos de la liña Pemes 98 do ICO.

Cláusula de aplicación transitoria.

Aquelas empresas que formalizasen operacións de préstamo con fondos da liña Pemes 98 do ICO durante o período comprendido entre o 1 de xaneiro de 1998 ata a entrada en vigor do presente convenio, poderán solicita-la subsidiación establecida neste convenio durante o primeiro mes da súa vixencia. A tramitación da axuda financeira deberá facerse mediante solicitude específica acompañando ó modelo normalizado de solicitude e á documentación establecida, fotocopia da póliza de préstamo e unha relación na que se sinalen os investimentos realizados a partir do 1 de xaneiro de 1998 con indicación dos pagamentos efectuados a través do citado préstamo, os pagamentos efectuados con outros fondos, así como os investimentos pendentes de realización e/ou pagamento, se é o caso, na data da presentación da solicitude no Igape.

Unha vez comunicada a resolución de concesión do Igape, deberá incluírse un anexo á póliza de préstamo, intervido por fedatario público, no que se fagan consta-las características establecidas na dita resolución, adaptando, se é o caso, o cadro de amortización á periodicidade semestral, de acordo co establecido na cláusula 8.2.

A data de inicio da subsidiación, de acordo co establecido na cláusula 10ª b), será a data valor da xustificación do investimento e, en ningún caso, esta poderá ser anterior á data da resolución de concesión.

Agás as condicións específicas recollidas nesta cláusula transitoria, as solicitudes de axuda someteranse en todo o demais á normativa xeral recollida no presente convenio.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1998.

Pola entidade financeira

Asdo.: ********

DNI: *******

Polo Igape:

José Antonio Orza Fernández

Presidente do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO II

Municipios das provincias da Coruña e Pontevedra nas que existe un abandono da poboación superior a un 15%

-Provincia da Coruña.

Concellos.

Moeche.

Somozas (As).

Monfero.

Mesía.

Sobrado.

Vald do Dubra.

Toques.

Cesuras.

Paderne.

Boqueixón.

Mañón.

Vilarmaior.

Vilasantar.

Baña (A).

Laxe.

Ortigueira.

Capela (A).

-Provincia de Pontevedra.

Concellos.

Cotobade.

Lama (A).

Vila de Cruces.

Estrada (A).

Forcarei.

Covelo (O).

ANEXOIII

Modelo de comunicación concesión do préstamo

Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

Rfa: Convenio Igape-ICO-98

Rúa Frey Rosendo Salvado, 16 baixo

Santiago de Compostela.

Estimados señores:

Estudiada a solicitude de préstamo presentada nesta entidade acollida ós beneficios regulados polo decreto da Xunta de Galicia 309/1995, do 23 de novembro, o Decreto 95/1998, do 20 de marzo, que modifica o Decreto 309/1995, do 23 de novembro, a orde da Consellería de Economía e Facenda do 18 de abril de 1996 e a orde da Consellería de Economía e Facenda do 26 de marzo que modifica a do 18 de abril de 1996, e acollida ó convenio de colaboración arriba referenciado, comunicámos

lles que foi concedido o préstamo coas características que se detallan:

Beneficiario:

Código do programa: (I/98):

Nº expediente:

Data da solicitude na entidade financeira:

Oficina:

Importe:

Prazo de vixencia:

Período de carencia:

Tipo de xuro:

o FIXO: amortización semestral oLineal

oFrancés

oVariable: amortización semestral lineal.

Garantías (só se ten aval de SGR)

Xuntamos orixinal e 1ª copia do impreso de solicitude e a documentación completa esixida para o efecto. Así mesmo, comunicamos que con esta mesma data remitimos 2ª copia da solicitude e unha copia da documentación esixida ós servicios centrais da Consellería de.....

Data e sinatura

ANEXO IV

Modelo de solicitude de formalización previa á resolución.

En relación á solicitude de axuda financeira formulada pola empresa

Nº. Expt.:,

* Presentada no Igape na data .../.../..., rexistro de entrada nº ...

ou * que se presenta na data de hoxe,

de acordo ó estipulado na cláusula 9.4 do convenio Igape-ICO-entidades financeiras 98, comunícase a intención de formaliza-la dita operación previamente á resolución de concesión de subsidiación por parte dese instituto e respectando, en todo caso, as condicións e requisitos establecidos no convenio, tanto á hora da formalización, como na posterior disposición do préstamo e xustificación dos investimentos.

Así mesmo, comunícase que, de acordo co establecido na mencionada cláusula, a operación non se formalizará en canto non se reciba a preceptiva autorización do Igape.

Unha vez recibida a comunicación da concesión procederase, mediante anexo ó préstamo, á súa adaptación ás condicións e características establecidas na resolución.

Data, sinatura e selo da entidade financeira.

Instituto Galego de Promoción Económica.

ANEXO II

RELACIÓN DE ENTIDADES FINANCEIRAS COLABORADORAS

Caixa GaliciaBanco de AsturiasAfigal

Caixa OurenseBanco AtlánticoSogarpo

Caixa PontevedraBanco Bilbao Vizcaya

Caixa Rural de LugoBanco Central Hispano

Caixa VigoBanco de Comercio

Caja PostalBanco Español de Crédito

Caja MadridBanco Espirito Santo

Caja de Ahorros yBanco Exterior de Espoaña

Pensiones de BarcelonaBanco de Galicia

Banco Gallego

Banco Herrero

Banco Mapfre

Banco Pastor

Banco Popular

Banco Sabadell

Banco Santander

Banco Simeón

Banco Urquijo

Banco Zaragozano

Bankinter

deutsche Bank

B.N.P. España, S.A.

4379