Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión celebrada o día vinteoito de abril de mil novecentos noventa e oito, acordou aprobar con carácter inicial a modificación puntual do PXOU vixente redactada polo arquitecto municipal, que ten por obxecto recoller graficamente o trazado da vía denominado rúa da Calzada en Vilaboa-Rutis que por erro non aparece reflectido no planeamento vixente, e a súa incorporación ó sistema viario local co largo e rasantes actualmente consolidados.

Durante o prazo dun mes contado a partir da última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) poderá examinarse o expediente no Servicio de Urbanismo das oficinas municipais e formulárense as alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 4 de maio de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

3854