Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

O Pleno Municipal, na súa sesión celebrada o día vinteoito de abril de mil novecentos noventa e oito, acordou:

1º.-Suspende-lo outorgamento de licencias de parcelación e edificación nos seguintes ámbitos:

A) Solo urbano das parroquias de Santa María de Rutis, Santiago do Burgo e San Xulián de Almeiras, agás:

a) Unidades de actuación que contan con estudio de detalle definitivamente aprobado agás: U.A.5, U.A. 30 e U.A. 41.

b) Unidades de actuación con estudio de detalle presentado no concello para a súa tramitación agás: U.A. 29 e U.A. 44.

c) Actuacións asistemáticas para as que se aprobou estudio de detalle ou se encontra en tramitación.

d) Ámbito dos plans especiais 1 e 2 da ría do Burgo e da Universidade Laboral.

B) No resto do termo municipal suspéndese o outorgamento de licencias nos seguintes ámbitos:

a) Na franxa de 50 metros de largo a cada lado, medida a partir do eixe dos sistemas xerais da vía de nova creación seguinte, segundo o trazado previsto no plano anexo:

1.-Vía de conexión nó próximo ós Magnolios-nó de Ledoño. Exclúese o ámbito dos plans parciais da Zapateira (Augas Mansas e Manso-Sol).

2.-Variante da N-550 a Carral desde o nó de Ledoño ata o límite do termo municipal.

3.-Conexión termo municipal de Arteixo-aeroporto de Alvedro.

4.-Conexión da autovía A-6 coa vía á Coruña polo leste de Souto.

5.-Vía de conexión desde o nó próximo ós Magnolios, desenvolvéndose polo sur de Laxe e Cadaval, polo oeste de Ermida e Fontemaior e polo norte de Toroño, ata o nó formado polas vías descritas nos puntos 1 e 3.

6.-Conexión do nó próximo ós Magnolios-autoestrada A-9, bordeando Laxe polo norte.

b) No ámbito que inclúe a conexión da vía descrita no apartado a) punto 3, coa N-550, da que parte o ramal de acceso ó aeroporto de Alvedro. O dito ámbito esta delimitado ó norte por unha franxa de 50 metros medidos desde o eixo da vía e ó sur polos terreos do aeroporto, segundo se reflicte no plano anexo.

c) No ámbito que inclúe a conexión entre a N-550 e a área de servicio da autoestrada A-9, segundo se reflicte no plano anexo.

2º.-Levanta-la suspensión do outorgamento de licencias acordada polo Pleno municipal o 27 de maio de 1997 naquelas zonas afectadas polos sistemas xerais de vía de nova creación que queden fóra do trazado previsto no novo plano, manténdose a suspensión no mesmo trazado establecido para:

a) Variante de Ledoño situada ó leste del.

b) Variante da LC-400 en Celas, situada ó oeste de Vinseira Pequena e de Celas.

3º.-Mante-la suspensión para o resto dos ámbitos determinados no acordo do 25 de maio de 1997.

O expediente e o plano poderanse examinar no Servicio de Urbanismo das oficinas municipais.

Culleredo, 30 de abril de 1998.

Julio Sacristán de Diego

Alcalde

4544