Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.433

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 1998 pola que se anuncia poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de beirarrúas nas rúas da Torre e San Xoán

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña.

a) Dependencia que tramita o expediente: Sección de Contratación.

b) Número de expediente: O98/34

2. Obxecto do contrato: execución das obras comprendidas no proxecto de beirarrúas nas rúas da Torre e San Xoán.

Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto. Forma de adxudicación: poxa.

4. Orzamento base de licitación: 51.865.726 pesetas. (IVE incluído).

5. Garantía provisional: 1.037.315 pesetas.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: véxase punto 1. b) Enderezo: Pza. de Mª Pita, 1-2º. c) Localidade: 15001 A Coruña. d) Teléfono: (981) 18 42 19. e) Fax: (981) 18 42 71. f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

7. Clasificación: grupo E, subgrupo 1, categoría c; grupo G, subgrupo 4, categoría c.

8. Presentación de ofertas:

a) Prazo: vinteseis días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, rematando ás 13 horas. No caso de resultar sábado o día de finalización do prazo, quedará este automaticamente prorrogado ó día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: véxase prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de entrada.

9. Apertura de ofertas:

a) Lugar: véxase punto 6. b) Data: quinto día hábil seguinte ó do transcurso do prazo de presentación de ofertas. c) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: nos anversos dos sobres consignarase con claridade o seu contido («Proposición económica» e «Documentación administrativa») e o seguinte lema: «Proposición que presenta... para optar á poxa para a execución das obras comprendidas no proxecto de beirarrúas nas rúas da Torre e San Xoán».

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 5 de maio de 1998.

O alcalde

P.D.

Rubricado

4543