Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.434

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

Convócase a contratación laboral temporal de seis postos de traballo de auxiliares da policía local.

As bases para rexe-la contratación foron aprobadas polo Pleno desta Corporación municipal en sesión con data do 30-3-1998, e publicáronse integramente no BOP da Coruña nº 87, con data do 18-4-1998.

Os interesados en tomar parte neste proceso selectivo presentarán as súas solicitudes no rexistro xeral do concello, durante o prazo de 20 días naturais, que se iniciará o día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Ribeira, 20 de abril de 1998.

José Luis Torres Colomer

Alcalde

3721