Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESEOLUCIÓN do 28 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Gallega de Actividades de Telecomunicación (Agatel).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos neste, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Actividades de Telecomunicación (Agatel) que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á mencionada asociación os empresarios que almacenen, comercien, distribúan ou vendan artigos ou servicios relacionados coas telecomunicacións.

Asinan a acta de constitución: José A. Ferreira Dapia, en representación de ITC Comunicaciones, S.L., e sete persoas máis, representando a outras tantas empresas.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1998.

María José Cimadevilla Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

4399