Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.427

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 1998, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Unión Nacional de Galicia da Unión Sindical Obreira (USO-Galicia).

En cumprimento do disposto no artigo 4 da Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de libertade sindical e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou o día 17 de abril a acta do III congreso nacional da Unión Nacional de Galicia da Unión Sindical Obreira (USO-Galicia), celebrado na Coruña o 28 e 29 de marzo de 1998, na que se recollen as modificacións estatutarias aprobadas no devandito congreso, e que consisten nunha nova redacción dos estatutos.

Asinan a acta do III congreso da USO-Galicia, Noa Núñez Sánchez e Jesús Pardo Muíños como secretarios de actas, co visto e prace do presidente do congreso, Gregorio Freire Piñeiro.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 1998.

María José Cimadevilla Cea

Directora xeral de Relacións Laborais

4401