De conformidade co disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemnto da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos no mencionado real decreto, faise público que na Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación provincial foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación de Comerciantes de A Estrada, que abranguen os seguintes ámbitos:
Territorial: municipio estrandense.
Profesional: comerciantes da Estrada.
Asinan a acta de constitución: Manuel Campo Puente e outros.
Os estatutos depositados poderán ser examinados por calquera persoa interesada.
Vigo, 24 de abril de 1998.
Antonio Coello Bufill
Delegado provincial de Pontevedra
4400