Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.426

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de abril de 1998, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto, mediante concurso público, para a subministración de 16 vehículos todo terreo e un cabestrante para misións de protección civil.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaria Xeral.

c) Número do expediente: 97/13/875.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración de 16 vehículos todo terreo e un cabestrante para misións de protección civil.

b) Número de unidades a entregar: 16.

c) División por lotes e número: non.

d) Lugar de entrega: Santiago de Compostela.

e) Prazo de entrega: un (1) mes contado desde a data en que se notifique a súa adxudicación.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base da licitación.

Importe total: 61.500.000 pesetas, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Fianza provisoria: 1.230.000 ptas.

b) Fianza definitiva: 2.460.000 ptas.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Secretaría Xeral.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Teléfonos: (981) 54 46 42 / 54 45 17.

e) Telefax: (981) 54 46 96.

f) Data límite para obtención de documentos e información: 15 de xuño de 1998.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: non.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite da presentación: 14 horas do 15 de xuño de 1998.

b) Documentación que se presentará: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais.

2ª Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, sala de xuntas.

b) Domicilio: complexo administrativo San Caetano, edificio nº 5, 3ª planta.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15771.

d) Data: 22 de xuño de 1998.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos do anuncio: será por conta do adxudicatario.

11. Data do envio do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 24 de abril de 1998.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 1998.

Francisco J. Rubio Delgado

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

4098