Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Luns, 18 de maio de 1998 Páx. 5.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 16 de abril de 1998 pola que se lle outorga a Aquacría Arousa, S.L., permiso de actividade para unha granxa mariña de engorda de rodaballo, en Cambados (Pontevedra).

Visto o expediente iniciado por instancia de Sergio Devesa Regueiro, en representación de Aquacría Arousa, S.L. que, con data 6-11-1997, solicitou permiso de actividade para unha granxa mariña dedicada á engorda de rodaballo en terreos privados situados dos no lugar de Castrelo, municipio de Cambados (Pontevedra).

Considerando que se procedeu á súa tramitación de acordo co disposto na Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, Decreto 193/1997, do 5 de xuño, polo que se determinan as condicións para o outorgamento do permiso de actividade para os establecementos de cultivos mariños e auxiliares situados na zona terrestre, e demais disposicións concordantes de aplicación a este tipo de establecementos.

Tendo en conta os informes que constan no expediente, así como a proposta da Dirección Xeral de Recursos Mariños, logo do informe do Servicio Técnico Xurídico, esta consellería,

RESOLVE:

Outorgarlle a Aquacría Arousa, S.L. (NIF B-36.296.945), permiso de actividade para a posta en funcionamento e explotación dun establecemento de cultivos mariños coas seguintes características.

Tipo: granxa mariña.

Actividade: engorde de rodaballo (Psetta máxima).

Situación:

Zona: terrestre.

Lugar: Bico da Ran-Castrelo, municipio de Cambados (Pontevedra).

Superficie:

Dominio público: non ten.

Dominio privado: 9.930 m.

* Edificio administración e laboratorio, superficie construída: 321,35 m.

* Edificio producción: nave circular de 49 m con planta baixa, soto e baixo cuberta.

Superfice cultivo:

1. piscina de engorda circular de 1.213 m e 5 m profundidade.

1. piscina de preengorda, circular de 250 m e 1 m profundidade.

Producción: 500 tm/ano.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O permiso de actividade outórgase por un prazo de 10 (dez) anos, contados a partir da publicación da presente orde no DOG, prorrogables por períodos máximos doutros 10 (dez) anos, logo de petición do interesado presentada dentro dos sesenta días anteriores á finalización da súa vixencia.

Segunda.-A localización e estructura das instalacións axustaranse ó disposto no proxecto presentado, que serviu de base para a presente resolución e na que o esquema de planta de distribución figura como anexo á presente orde.

As obras, que poderán dar comezo no momento no que a empresa dispoña de tódolos permisos precisos para a instalación do establecementos, deberán estar finalizadas no prazo máximo de 3 (tres) anos.

O remate das obras deberá serlle comunicado, previamente ó inicio da producción, á Delegación Territorial desta consellería en Pontevedra, para os efectos de inspección e levantamento do correspondente informe.

Terceira.-O establecemento deberá cumpri-lo disposto na Lei 6/1993, de pesca de Galicia e no Decreto 193/1997, do 5 de xuño, anteriormente citados, así como no Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables

á producción e comercialización dos productos pesqueiros e da acuicultura, e demáís concordantes que lle sexan de aplicación.

Cuarta.-O permiso de actividade extingurase, ademais de polas causas recollidas no artigo 72 da Lei 6/1993, de pesca de Galicia, polas sinaladas no artigo 6 do Decreto 193/1997, de 5 de xuño.

Quinta.-O titular xustificará o pagamento á Facenda Pública do imposto que grava as concesións e autorizacións (transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados) ou acreditará a declaración de non estar suxeito o pagamento dos ditos impostos, feita pola Delegación de Facenda ou oficina liquidadora correspondente.

Sexta.-O outorgamento deste permiso de actividade non exime o seu titular da obriga de obte-las licencias, permisos e autorizacións legalmente procedentes por outros organismos en función das súas competencias.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderae interpor recurso contencioso administrativo na forma e prazo previstos no artigo 57 e seguintes da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa do 27 de decembro de 1956.

Santiago de Compostela, 16 de abril de 1998.

Amancio Landín Jaráiz

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

4057