En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Gallega de Transpostistas de Hormigón que ten os seguintes ámbitos:
Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.
Profesional: poderan pertencer á devandita asociación tódolos empresarios dedicados á actividade do transporte de formigón dentro do ámbito da Comunidade Autónoma galega.
Asinan a acta de constitución: Francisco Javier Sánchez Martínez e catro persoas máis.
Santiago de Compostela, 30 de abril de 1998.
María José Cimadevila Cea
Directora xeral de Relacións Laborais
3704